As actividades requiren reserva previa a través do sitio web geoviajesortegal.com.

Por terceira semana consecutiva, o Xeoparque Cabo Ortegal celebra a súa III Semana dos Xeoparques Europeos con actividades gratuítas para dar a coñecer o territorio.
As actividades están organizadas por empresas turísticas da zona e requiren reserva previa a través da web geoviajesortegal.com. Existe unha lista de agarda para aquelas actividades que non contan con prazas disponibles. O programa desta fin de semana comeza este venres 5 coa conferencia “As pedras sagradas no Xeoparque Cabo Ortegal” a cargo da investigadora local Loli Rubido.

O sábado, as persoas interesadas poderán escoller entre tres propostas diferentes: Visita na Horta natural de Chema en Couzadoiro, para coñecer os tipos e variedades de cultivos e o seu coidado, Aprendendo a tallar o Toelo en Moeche xunto a un canteiro profesional e unha ruta polo Sendeiro de Ferrerías en Valdoviño.

A programación remata o domingo con outras catro actividades: Flora en ecosistemas fluviais en San Sadurniño, onde se identificarán as especies autóctonas, Obradoiro de Meteoroloxía para nen@s en Cedeira, onde a cativada aprenderá como funciona unha estación meteorolóxica, Ruta en barco dos Cantís de Herbeira dende Cedeira e Santo André e obradoiro de Sanandresiños con artesáns do lugar.
A celebración da III Semana dos Xeoparque Europeos comezou o pasado 23 de maio cunha Ruta polos Cantís de Loiba e está tendo unha gran acollida coa meirande parte das prazas esgotadas para a mayoría das actividades.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.