Valdoviño promove en xullo e agosto unha nova edición de Concilia Tempos Verán

As familias poderán solicitar praza a partir do próximo luns 1 de xuño.

O Concello de Valdoviño promove un ano máis os campamentos municipais «Concilia Tempos Verán». Trátase dun recurso co que botar unha man ás familias traballadoras con fillos menores durante as próximas vacacións escolares.

Unha iniciativa que a Administración local activa en periodos non lectivos como o Nadal e a Semana Santa. Así, a concelleira de Servizos Sociais, Rosana García, avanzou que o prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns 1 de xuño, ata o día 12 do mesmo mes. Así, a documentación pode descargarse da web municipal

(https://www.concellodevaldovino.com/servicios-sociais-en- rede/programas/conciliacion-igualdade-diversidade-e-violencia-de xenero/concilia- tempos/) e presentarse no rexistro xeral da casa consistorial ou a través da sede electrónica.

«Concilia Tempos Verán» está dirixido a nenos de entre 4 e 13 anos -dende 3 anos se están cursando 4o de Educación Infantil-. Como é habitual nos últimos anos, os campamentos celebraranse en xullo e en agosto de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas no local social de Pantín, con pista deportiva anexa e unha proximidade ao areal quempermite explotar ao máximo o lecer ao aire libre.

A cota de participación é de 55 euros por mes e neno/a (no caso de irmáns/ás aplicarase un desconto do 20%). Na concesión de prazas, limitadas, terán prioridade as persoas empadroadas en Valdoviño, que estean en activo laboralmente e/ou que teñan circunstancias de especial consideración.

Ademais, para obter máis información sobre os criterios de preferencia na concesión ou calquer outro dato, a veciñanza pode dirixirse ao departamento municipal de Servizos Sociais ou teléfono 981 48 70 41 ext. 5

Lea también

As Pontes organiza unha charla sobre mobilización de terras e futuro do territorio rural galego

O Concello das Pontes organiza o próximo 3 de xuño de 2026 unha charla informativa …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *