A Deputación da Coruña apoia con preto de 0.5M€ o traballo de 64 entidades sociais da provincia

A Deputación da Coruña publicou no BOP  a resolución definitiva da concesión de 998.639,09 € a 64 entidades sen ánimo de lucro da provincia para o cofinanciamento de investimentos en servizos sociais.

Foto arquivo: A deputada de Política Social, Mar García Vidal, nunha visita a Integro, en Cabana de Bergantiños

Esta liña de subvencións sufraga gastos como a renovación de fachadas, illamentos térmicos, adaptación de baños, ampliación de accesos e adquisición de material informático, mobiliario e cociñas industriais para centros de atención diúrna, ocupacionais e residenciais.

A deputada de Política Social, Mar García Vidal, explicou que o destino destas achegas é «financiar proxectos concretos como a reforma de cociñas en residencias de maiores, o illamento térmico en centros de día ou a compra de ordenadores para programas de inserción laboral. O obxectivo é que as entidades dispoñan de espazos adaptados e modernos para atender aos usuarios».

García Vidal engadiu que «estas axudas da Deputación permiten manter e mellorar a calidade das infraestruturas onde se atende á infancia en risco, a persoas con diversidade funcional ou a colectivos en exclusión en todas as comarcas da provincia, colaborando de xeito directo co terceiro sector e chegando a onde as administracións ás veces non chegan».

Listaxe de asociacións beneficiarias, proxecto e importe concedido.

A B C, Sociedad Cooperativa – Revestimento exterior de fachada e patio con panel sandwich – 8.495,99 €

A.M.I.C.O.S. – Escudo térmico en centro de día 40.500 €

Acción Familiar Ferrol – Programa de integración de minorías étnicas – 1.360 €

Arela Asociación – Saneamento e illamento da Casa de Familia de Santiago – 10.601,61 €

Asoc. de Persoas con Disc. e Apoio á Integración das Comarcas de Arzúa e Terra de Melide (Amarai) – Mellora de infraestruturas no centro ocupacional – 15.422,73 €

Asociación Agalure – Programa de tratamento terapéutico e rehabilitación – 12.010,46 €

Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional – Modernización tecnolóxica do centro ocupacional – 15.952,20 €

Asociación Antidroga Renacer de Riveira – Servizo de asesoramento psicolóxico e legal – 1.314,78 €

Asociación Antidroga Vieiro de Carballo – Prevención en menores e apoio ás familias – 874,56 €

Asociación Arraianas – Programas de apoio á integración social – 4.432,72 €

Asociación Asistencial Galega de Servicios á Dependencia (Agasdep) – Rehabilitación de aseos en centro de día para maiores – 23.040€

Asociacion Banco de Alimentos Provincia de A Coruña – Instalación de oficinas en almacén de distribución – 27.200 €

Asociación de Colaboracion y Promocion del Sordo – Equipamento para o Servizo de Rehabilitación Logopédica – 2.493 €

Asociacion de Dano Cerebral A Coruña Adaceco – Equipamento sensorial para neurorrehabilitación – 5.904 €

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer Afal Ferrol – Equipamento de conservación e cociña para catering – 4.494,52 €

Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Xardin de Infancia Raiola – Portas de aulas con medidas de seguridade – 5.478 €

Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual Aspadex – Reposición de fiestras en vivenda tutelada – 25.500 €

Asociación de Padres de Personas con Paralisis Cerebral – Ampliación do porche de entrada de Aspace Coruña – 43.987,06 €

Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista (Tea) da Provincia da Coruña (Aspanaes) – Adecuación do servizo de atención residencial nas Pontes – 44.650 €

Asociación de Persoas con Discapacidade Avante – Renovación de mobiliario no CRD Niveiro – 2.040 €

Asociación Dignidad-Galicia – Compra de electrodomésticos e mobiliario en CF Ciudad Jardín – 1.311,04 €

Asociación Discapacitados da Bisbarra de Muros – Substitución de varanda de escaleiras exteriores en Valadares 16.200 €

Asociación Emilia Gomez Adafad – Mobiliario para o cumprimento da protección de datos – 1.020 €

Asociación Ferrola de Drogodependencias Asfedro – Investimento en comunidades terapéuticas – 12.756,45 €

Asociacion Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer – Equipamento para centro de día en Santiago – 11.674,08 €

Asociación Integro das Persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte – Investimento no centro ocupacional – 21.458,96 €

Asociación Itinera – Programa Eco de activación sociolaboral – 2.765,73 €

Asociación Nuestra Señora de Chamorro – Obradoiro de barro e cerámica «Sala Terracota» – 23.638,85 €

Asociación Ong Mestura para la Integracion Social de las Personas Inmigrantes y Emigrantes – Atención psicosocial e socioeducativa a menores – 775,01 €

Asociación Padres de Personas con Discapacidad Intelectual, Aspas – Investimento para a mellora de servizos – 25.581,31 €

Asociación Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños – Reforma de centro residencial – 32.692,33 €

Asociación Participa para la Inclusión Social – Programa de participación social a distancia no ámbito rural – 3.195 €

Asociación Pro Enfermos Mentales de la Coruña – Obras de mantemento no CRPL Keramikós – 44.175,60 €

Asociacón Pro Minusvalidos de Ortegal Aspromor – Investimento en centro residencial de graves afectados – 1.700 €

Asociación Provincial de Pensionistas y Jubilados (Udp) de la Coruña – Investimento en residencias La Milagrosa – 33.969,78 €

Asociación Raiña Paraiso – Programas de inserción laboral e capacitación – 18.671,85 €

Asociación Saude Mental A Creba – Adquisición dun piso para uso de vivenda protexida – 54.000 €

Asociación Saude Mental Ferrol Eume e Ortegal – Equipamento de cociña para unidade residencial nas Pontes – 51.000 €

Asociación Socio-Educativa O Parque – Investimento na Escola Infantil O Parque – 4.590 €

Cáritas Diocesana de Santiago – Melloras no Centro de Atención Social Continuada Vieiro – 13.203,47 €

Cáritas Diocesana Mondoñedo Ferrol – Reparacións e mobiliario no centro de día Gabriel Vázquez Seijas – 16.767,21 €

Centro Cultural-Social Juan XXIII de Santiago – Adquisición de ordenadores e material informático para albergue – 8.500 €

Cocina Económica de Santiago – Substitución de portas e instalación de dúas ventás Velux na cociña – 16.747,55 €

Colegio Ludy, Sociedad Cooperativa Gallega – Mobiliario e equipamento para centro de atención á infancia – 3.649,05 €

Confederacion Galega de Persoas con Discapacidade – Mellora de instalacións e equipamento do CRD Ferrol – 3.347,10 €

Dimafa Sociedad Cooperativa Galega – Investimento na Escola Infantil Fany – 1.415,28 €

Enraizando Sociedad Cooperativa Gallega – Equipo de Apoio Social Comunitario (Easc) – 1.834,80 €

Escuelas Populares Gratuitas Guardería Infantil – Reparación, mobiliario e equipamento de comedor e aulas – 40.800 €

Fundación Adcor – Sala de convivencia en residencia de persoas con discapacidade intelectural – 11.424 €

Fundacion Erguete-Integracion – Equipamento informático para servizo de orientación penal – 699,05 €

Fundación Hospitalarias – Climatización de salas de actividade en centro ocupacional – 40.000 €

Fundación Monte do Gozo – Maquinaria e equipamento para formación en agricultura e silvicultura – 9.913,41 €

Fundación Nortempo – Investimentos en programas de inserción laboral – 5.736,96 €

Fundación Raiola – Iluminación exterior e reforma de xardíns en residencias – 30.600 €

Fundación Ronsel – Programas de inserción laboral e capacitación – 6.192,01 €

Fundacion Secretariado Gitano – Programa Promociona de intervención socioeducativa con menores – 3.359,16 €

Hogar de Sor Eusebia – Investimento en centros de acollida e inclusión – 28.563,50 €

Integrados Asociacion para a Atencion e Integracion de Persoas con Tea ou Discapacidade – Equipamento tecnolóxico para o servizo de respiro familiar – 16.034,32 €

Os Meniños Sociedade Cooperativa Galega – Investimento na sociedade cooperativa – 1.389,62 €

Real Institucion Benefico-Social Padre Rubinos – Mellora dos servizos da residencia de persoas maiores – 18.893,88 €

RR de Maria Inmaculada-Casa de Bañobre – Carpintaría, baños e ampliación de dormitorios en centro de menores – 44.666,22 €

Santo Hospital de Caridad – Investimento no refuxio Pardo de Atín – 3.531,60 €

Saude Mental Feafes Galicia – Programa de inserción laboral para persoas con diagnóstico de saúde mental – 6.280,26 €

Terciarios Capuchinos Provincia Luis Amigó Casa Ciudad de los Muchachos de Agarimo – Reforma de baños e xanelas en centro residencial – 8.163,02 €

Lea también

Neira Vilas, homenajeado en el Día das Letras Galegas 2027 por ser un «constructor del imaginario colectivo»

La Real Academia Galega (RAG) ha celebrado este miércoles, en el Palacio Municipal de María …