Valdoviño solicita actuacións na senda da lagoa da Frouxeira para mellorar ás vistas ao humidal

A conselleira e o alcalde visitan o itinerario no que se están a levar a instalar unha varanda para preservar a biodiversidade.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, acompañada polo alcalde de Valdoviño, Alberto González, e outros integrantes da corporación municipal, visitaba a senda que bordea a lagoa da Frouxeira onde se están a desenvolver melloras para preservar a biodiversidade do espazo protexido. A actuación forma parte dun plan para optimizar a conservación deste humidal.

O departamento autonómico está a instalar un valado de madeira para protexer afauna silvestre do tránsito de persoas e animais domésticos.

Esta varanda, que estará lista nas vindeiras semanas logo dun investimento de 52.000 euros, delimitará unha área de máis dun quilómetro de lonxitude.

Aproveitando a presenza da conselleira na zona, o rexedor municipal solicitou á administración autonómica que raree a vexetación da contorna da senda, para que se poida desfrutar das vistas á lagoa tanto en diversos puntos do percorrido como dende o observatorio de aves existente, cuxo mantemento é tamén competencia autonómica. Unha medida que engadiría un atractivo extra a este espazo.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático enmarcou a intervención que se está a levar a cabo no Plan para a restauración e posta en valor dos humidais galegos, ao abeiro do que tamén se retirou hai unhas semanas a barreira artificial de rochas da lagoa, unha reivindicación durante anos do goberno local co fin de reducir o risco de inundacións na zona.

Finalmente, subliñou Vázquez, quen defendeu que a nosa riqueza ambiental é o exemplo da Galicia Calidade, que este verán que verán coa instalación de postes de madeira para acordoar as dunas de Frouxeira e tamén da praia de Vilarrube co obxectivo de regular o acceso dos visitantes e de animais domésticos.

Lea también

Neda acolle a preestrea das obras das escolas municipais de teatro infantil e xuvenil

Domingo de preestreas na Casa da Cultura de Neda. Os grupos infantil e xuvenil da …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *