Organizada, este sábado 23 de maio, unha visita guiada e teatralizada ao Castro de Esmelle

Castro de Esmelle

Para conmemorar o Día Internacional dos Museos (18 de maio), a Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial, promovida pola Universidade da Coruña (UDC) e o Concello de Ferrol, organiza, o próximo sábado 23 de maio, ás 11:30 horas, unha visita guiada e teatralizada ao xacemento arqueolóxico de Tralocastro, en Esmelle.

Trátase dunha iniciativa divulgativa na que colaborarán persoas integrantes da Romaría Castrexa de Esmelle e do Oenach Atlántico, un evento declarado de Interese Turístico pola Xunta de Galicia en 2014 e que cada mes de xullo
recupera o estilo de vida castrexo na parroquia de Sedes, en Narón.

As persoas interesadas en participar nesta visita guiada e teatralizarda deberán dirixirse ao punto de encontro, situado no local da asociación veciñal de Esmelle.
Para concertar visitas guiadas para grupos fóra desta data cómpre chamar ao 881 01 3820 ou ben enviar un correo electrónico a arqueodromo.ferrol@gmail.com.

Lea también

O Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación reuniu preto de mil participantes

José Ramón Rioboo salienta no Teatro Colón o “poder transformador da cultura” nunha gala na …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *