Ciclistas de todo o territorio nacional chegan a Ares no Cto de España de BTT Montefaro Enduro Race

As inscricións continúan abertas até o 17 de maio, inclusive, ou esgotar as 300 prazas de participación.

Ares prepárase para ser un ano máis o epicentro da competición de Enduro nacional. Así se oficializou no consistorio da vila, no marco do acto de presentación do Campionato de España de BTT Montefaro Enduro Race 2026, unha cita ineludible para os seareiros da bicicleta de montaña.

A concelleira de Deportes, Alma Barrón; a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros; e os representantes por parte do Club Pulpeiros, Ramón Romero, Merchi Margaretto e Evaristo Martínez, coma organizadores do evento, desvelaron os detalles dunha proba que encherá Ares, durante o 23 e 24 de maio, con máis de 200 deportistas de todo o territorio.

No acto de presentación, as autoridades convidaron precisamente a desfrutar do municipio durante a proba, do seu paseo marítimo e da súa natureza, que continúa a ser un dos elementos máis chamativos da Montefaro Enduro Race 2026; unha contorna que fai do evento unha carreira singular pola súa beleza paisaxística e polo esforzo realizado por parte da organización para “facer que os ciclistas de toda España se sintan coma en casa”.

DOUS DÍAS DE BTT E CONVIVENCIA ENTRE DEPORTISTAS

A actividade deste Campionato de España principiará xa o sábado, 23 de maio, cos primeiros entrenamentos oficiais en horario de mañá (10:00 a 14:00 horas) pola contorna de Montefaro, sendo obrigatorio discurrir por 3 dos 5 tramos estipulados, e tamén coa organización dun xantar aberto a todo o mundo que o desexe, incluída veciñanza.

O Club Pulpeiros propón así probar a paella ou o lacón con patacas cocidas baixo prezos populares, e tamén desfrutar despois do concerto en directo de Rayones previsto para as 19:30 horas desa mesma tarde.

Durante a xornada do domingo, 24 de maio, os corredores arrancarán coas probas a primeira hora da mañá ata aproximadamente as 15:30 horas onde se fará o peche de todo o evento coa entrega dos premios. As inscricións aínda están abertas até o 17 de maio ás 23:59 horas ou o esgotamento das 300 prazas habilitadas para a proba.

Pódese consultar máis información na web da Federación Galega de Ciclismo:

https://fgalegaciclismo.es/index.php/smartweb/inscripciones/prueba/32654- MONTEFARO-ENDURO-RACE

Lea también

La UDC y el Valdetires Ferrol firman un acuerdo de colaboración para impulsar el deporte femenino y la formación

La Universidade da Coruña y el Valdetires Ferrol FSF formalizaron este lunes un protocolo general …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *