Programa Especial: Os Retos das Cidades sostibles do Futuro

Sábados no Cruceiro presenta un novo episodio especial centrado nos retos das cidades do futuro, a sustentabilidade e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), abordados dun xeito próximo, divulgativo e pensado especialmente para a mocidade.

Neste podcast analízanse cuestións como o marketing territorial, a marca cidade, o papel do deporte na cohesión social, o sobreturismo, a influencia das redes sociais na percepción das cidades e a importancia de construír espazos urbanos máis sostibles, inclusivos e humanos.

O episodio conta coa participación de Joaquín Enríquez, presentador de Sábados no Cruceiro e profesor universitario, acompañado polos profesores Javier Orosa González e Begoña Álvarez García, así como pola investigadora e doutoranda Andrea Bello Barbeito.

Ao longo da conversa reflexionan sobre como as cidades non son só infraestruturas ou espazos físicos, senón tamén identidade, emocións, comunidade e oportunidades de futuro para as novas xeracións.

Lea también

Programa Especial – Os Maios de Canido

Adicamos o programa de hoxe a Festa dos Maios de Canido contando con: – Eva …

Un comentario

  1. Luisa Prieto

    Muy buen programa muy bien explicado y temas muy interesantes abordados por estos profesores.