Estreamos o novo single de Lucía Pérez: «Porque no»

Conversamos con Lucía Pérez sobre o seu último sinxelo, “Porque No”. Trátase, en palabras da propia artista eurovisiva, dun “himno de reafirmación persoal”, así como da “promesa de futuro dunha muller que segue adiante sendo ela mesma, sen filtros nin medos”.

A nova canción da artista do Incio combina toques electrónicos e mariachis, unha fusión chea de enerxía que tamén se reflicte nun videoclip de gran formato.

Con Lucía falamos deste novo tema, dos seus comezos, así como dos proxectos que están por chegar.

Contamos tamén coa presenza de Marcos Mella, artista ferrolán co que Lucía ten realizado diversas colaboracións, entre elas o tema “Verdugos da miña alma”.

Lea también

Sabados no cruceiro diciembre 2025

Talento e Responsabilidade Social no Campus Industrial de Ferrol

O Magazine conducido por Joaquín Enríquez volta prestar especial atención ao Campus Industrial de Ferrol …