A Deputación da Coruña concede máis de 538.000€ en axudas a 36 confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia

As subvencións estrutúranse en dúas liñas: apoio ao funcionamento dos pósitos e promoción dos productos autóctonos do mar a través de festas e accións divulgativas.

Cofradía Ferrol (1) formos

A Deputación da Coruña vén de publicar a resolución definitiva da concesión das subvencións destinadas a confrarías de pescadores, federacións e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia, cun investimento total de 538.934,63 euros, que beneficiará a 36 entidades do sector.

Estas axudas estrutúranse en dúas liñas de actuación. A primeira está orientada ao mantemento da actividade das confrarías e agrupacións marisqueiras, contribuíndo a financiar gastos de persoal, vixilancia, mellora e modernización dos procesos de comercialización, adquisición de semente ou funcionamento das lonxas. A segunda céntrase no apoio á organización de festas e accións de exaltación dos produtos do mar, fundamentais para a promoción e valorización do sector e para achegar estes produtos á cidadanía.

En concreto, a Deputación concedeu 27 axudas na liña 1, por importe de 422.198,63 eurose 9 axudas na liña 2, que suman 116.736 euros.

A deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, destacou que “estas axudas son unha ferramenta clave para garantir o futuro do sector do mar, apoiando tanto o seu funcionamento diario como a promoción dos nosos produtos”. Capelán subliñou que “as confrarías son pezas fundamentais da economía local nos concellos costeiros, xerando emprego e mantendo viva a tradición mariñeira que forma parte da nosa identidade”.

A deputada incidiu tamén na importancia de apoiar acción de exaltación dos produtos do mar, “unha boa oportunidade para poñer en valor a calidade do noso produto, dinamizar a economía local e atraer visitantes”. Neste sentido, lembrou que a Deputación vén apoiando iniciativas consolidadas como as xornadas de degustación de marisco en Laxe, a Festa da Centola de Lorbé, a exaltación do berberecho de Noia, a Festa do Marisco de Barallobre ou diferentes festas do Carmen e eventos gastronómicos vinculados ás lonxas da provincia.

A resolución inclúe un total de 36 entidades beneficiarias, distribuídas por toda a costa da provincia, e reflicte a diversidade do sector, desde pequenas agrupacións de mariscadoras ata grandes confrarías con actividade comercial relevante.

LISTAXE DE AXUDAS CONCEDIDAS

LIÑA 1. Mantemento da actividade das confrarías e agrupacións (27 axudas)

Agrupación de Mariscadoras do Esteiro do Anllóns – 9.785,48 €

Cofradía de Pescadores de Barqueiro Bares – 7.056,00 €

Cofradía de Pescadores de Camelle – 24.000,00 €

Cofradía de Pescadores de Carreira e Aguiño – 13.500,00 €

Cofradía de Pescadores de Cedeira – 18.000,00 €

Cofradía de Pescadores de Corme – 24.000,00 €

Cofradía de Pescadores de Laxe – 18.000,00 €

Cofradía de Pescadores de Malpica – 24.000,00 €

Cofradía de Pescadores de Sada – 13.500,00 €

Cofradía Ntra. Sra. de las Arenas (Fisterra) – 24.000,00 €

Cofradía Virgen de la Barca (Muxía) – 18.000,00 €

Cofradía de Pescadores da Pobra do Caramiñal – 18.000,00 €

Cofradía de Pescadores de Ares – 8.463,36 €

Cofradía de Pescadores de Cabo de Cruz – 13.500,00 €

Cofradía de Pescadores de Corcubión – 24.000,00 €

Cofradía de Pescadores de Espasante – 19.677,80 €

Cofradía de Pescadores de Lira – 18.000,00 €

Cofradía de Pescadores do Pindo – 24.000,00 €

Cofradía de Pescadores San Andrés (Portosín) – 18.000,00 €

Cofradía de Pescadores San Pedro de Ribeira – 18.000,00 €

Cofradía de Pescadores San Telmo (Porto do Son) – 13.500,00 €

Pósito de Pescadores de Rianxo – 13.500,00 €

Cofradía de Pescadores de Camariñas – 6.000,06 €

Cofradía de Pescadores de Ferrol – 13.559,00 €

Cofradía de Pescadores de Muros – 8.464,00 €

Cofradía Virgen del Carmen (Pontedeume) – 8.501,98 €

Cofradía San Telmo (Mugardos) – 3.190,95 €

LIÑA 2. Exaltación e promoción dos produtos do mar (9 axudas)

Cofradía de Pescadores de Camariñas – 15.000,00 €

Cofradía de Pescadores de Ferrol – 15.000,00 €

Cofradía de Pescadores de Laxe – 6.960,00 €

Cofradía de Pescadores de Lorbé – 8.160,00 €

Cofradía de Pescadores de Corcubión – 15.000,00 €

Cofradía de Pescadores de Lira – 15.000,00 €

Cofradía San Andrés (Portosín) – 11.816,00 €

Cofradía San Bartolomé de Noia – 14.800,00 €

Cofradía Santiago Apóstol (Barallobre) – 15.000,00 €

 

Lea también

Licitadas por 1,2 millones de euros las obras de la fase de Caranza de ‘Abrir Ferrol ao mar’

El Concello de Ferrol ha aprobado este lunes en junta de gobierno kocal sacar a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *