O Concello acolleu o sorteo das 3 cestas con produtos gastronómicos e do xantar ou cea entre os preto de 3.000 boletos e tarxetas entregadas nas urnas do certame.
Os premios do II Pasea e Tapea por Valdoviño xa teñen gañadores. Ante a secretaria municipal, o Concello celebraba o sorteo das 3 cestas con produtos gastronómicos do territorio e máis o xantar ou cea no local gañador -o restaurante O Castro- entre os boletos e tarxetas entregadas este ano en urna pola cidadanía que participou do certame de tapas valdoviñés.
En total, contabilizáronse 2.905 boletos e tarxetas, o que representa un 24,2% máis respecto á edición de 2025. Tamén neste ano se incrementaban as parroquias, ata 7 de 8, e os negocios hosteleiros participantes, alcanzando os 18, ampliábanse as xornadas de degustación -de 4 días a 3 fins de semanas- e ofrecíanse diferentes horarios para servilas a elección do local.
Realizado o sorteo, o nome dos gañadores das cestas son: Nuria Pérez, Ana María Pereiro e Cristina López; e do xantar ou cea é María del Carmen Iglesias.
A entrega de premios realizarase a próxima semana nas instalacións do restaurante O Castro.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
