Neda celebra o Día do libro premiando aos lectores locais máis voraces da biblioteca municipal

A Biblioteca municipal de Neda celebrou, un ano máis, o Día internacional do libro recoñecendo a paixón pola lectura, e premiando ás persoas socias da localidade que destacan pola súa voracidade lectora, traducida na cantidade de obras que levaron en préstamo durante o pasado ano.

Foto de familia dos premiados, xunto á bibliotecaria local e as concelleiras de Cultura e Sanidade. Fot. fuente concello de Neda

As concelleiras de Cultura e de Sanidade, Marián Bello e Margarita Díaz, respectivamente e a bibliotecaria local, Inma Rodríguez, foron as encargadas de entregar os premios que, como non podía ser doutra maneira, consistiron en lotes de libros personalizados, en función dos gustos e idades de cada quen.

Catalina Espinoza Nieto, Lorena Montero Novo e Patricia Castro Pita, con 146, 123 e 41 obras lidas da colección bibliográfica local ao longo do 2025, foron as socias da biblioteca que destacaron entre a poboación adulta. Mentres, na infantil, Delia Fojo Pérez (150 títulos) coroouse como a lectora máis insaciable, seguida por Julia Romero Morgan e Noah Gómez Yáñez, con 98 e 91 obras.

Segundo un estudo da Rede de bibliotecas públicas de Galicia, Neda destaca a nivel galego pola cantidade de préstamos bibliotecarios que rexistra por cada 1.000 habitantes, situándose só por detrás das bibliotecas de Ortigueira, Beariz e Oleiros.

A conmemoración do Día do Libro incluíu, como cada ano, as Xornadas literarias sobre o “Galicia noir” e completarase este sábado, a partir das 12 horas, na biblioteca coa estrea do contacontos infantil “Umami” da compañía Pérez & Fernández.

Lea también

Rematadas en Valdoviño as obras de renovación do miradoiro da praia de Outeiro, en Lago

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través da Demarcación de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *