Nova convocatoria de axudas da Xunta para mellorar e equipar instalacións culturais

A Xunta renova este ano o seu apoio á actividade cultural dos Concellos cunha nova convocatoria das axudas para a mellora e equipamento de instalacións culturais. A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, aproveitou a visita á Biblioteca Municipal de Ortigueira, beneficiaria destas achegas no 2025, para recordar que o prazo de solicitude da actual convocatoria está aberto ata o 30 de abril.

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, deu conta destas axudas no marco dunha visita á Biblioteca Municipal de Ortigueira

Durante a visita, na que tamén participaron o alcalde do municipio, Valentín Calvín, e o director territorial de Cultura, Lingua e Xuventude, Severino Álvarez, Aneiros lembrou que a través desta orde dotada de 500.000 euros de orzamento, o Goberno galego, dentro da súa aposta pola dinamización cultural da Comunidade autónoma, “ve na mellora dos locais municipais e do seu equipamento unha forma de impulsar a actividade cultural, contribuíndo tamén á súa redistribución e ao desenvolvemento de actividades deste eido nas zonas menos poboadas, onde os seus veciños teñan tamén a oportunidade de acceder á cultura”, explicou.

Estas subvencións da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, dirixidas ás entidades locais, contemplan unha axuda máxima de 30.000 euros por Concello, que poderá ascender a 35.000 euros no caso de solicitudes realizadas por agrupacións de municipios. O importe outorgado non poderá superar en ningún caso o 90% do orzamento total do proxecto.

Na pasada edición, catro Concellos da Delegación Territorial recibiron en conxunto case 31.000 euros en achegas. No caso específico de Ortigueira, a subvención foi de 4.000 euros, destinados á adquisición de mobiliario para a realización de actividades de dinamización lectora para diferentes públicos.

Entre as actuacións subvencionables inclúense intervencións relativas ao equipamento e moblaxe de locais; a realización de obras de reforma, ampliación, modernización ou mellora de inmobles, así como a adquisición de materiais técnicos vinculados ao desenvolvemento da programación cultural do local para o que se solicita a axuda e, en concreto, a realización de investimentos en equipamento escénico, iluminación e son, equipamento audiovisual, equipamento xeral, sistemas de prevención e seguridade, novas tecnoloxías, investimentos destinados á posta en funcionamento de locais para usos culturais, investimentos en bibliotecas ou axencias de lectura pública municipais, investimentos en arquivos municipais, así como accións encamiñadas á mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e medidas de eficiencia enerxética dos edificios.

Lea también

El Supremo anula la autorización de un eólico en Moeche al no analizar los efectos con parques cercanos

El Tribunal Supremo ha anulado la autorización administrativa del parque eólico Moeche, en la provincia …