Este mércores, relatorio da expedición por Groenlandia e máis polo Atlántico Norte de 2 alumnos do Campus Industrial de Ferrol,na Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, o mércores 22 de abril, ás 18:00 horas, o relatorio dos alumnos da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e tripulantes da expedición do barco de vela “Brown Bear” por Groenlandia e polo Atlántico Norte, Mariano Stinga González e Enrique Lagos Molíns.

A súa intervención porá o broche de ouro ao Ciclo de Conferencias 2025/2026 da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos que promoven a Universidade da Coruña (UDC) e Navantia e que, nesta ocasión, se realiza en colaboración coa Fundación Exponav. Baixo o título “Unha travesía no Ártico: do xeo ao océano aberto” os dous estudantes do Campus Industrial de Ferrol relatarán a súa experiencia como parte da tripulación do barco de vela “Brown Bear”, do armador Hugh Clay, entre o 18 de xullo e o 6 de setembro de 2025, logo de percorrer a costa oeste de Groenlandia e de cruzar o Océano Atlántico Norte ata chegar ao porto de Falmouth, en Cornualles (Inglaterra). Ademais de realizar todas as tarefas necesarias a bordo, os dous mozos documentaron toda a viaxe botando man
dun dron e de varias cámaras fotográficas.

Mariano Stinga González (Lanzarote, 2002) é graduado en Enxeñaría Mecánica pola Universidade da Coruña (UDC) e, na actualidade, cursa o máster en Enxeñaría Naval e Oceánica na Escola Politécnica de Enxeñaría de
Ferrol (EPEF). Pola súa banda, Enrique Lagos Molíns (Vigo, 2002) é alumno do grao en Enxeñaría Naval e Oceánica neste mesmo centro do Campus Industrial de Ferrol.

A conferencia poderá seguirse, de xeito presencial, ata completar o aforo, desde o Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, e, en liña, a través da páxina web https://www.catedracosmealvarez.com/conferencia-en-directo/.

Lea también

El 94,28% de los universitarios gallegos logra plaza en sus tres primeras opciones en un curso con 12.035 matriculados

El Sistema Universitario de Galicia (SUG) ha alcanzado una cifra total de 12.035 alumnos matriculados …