Valdoviño celebra a Xuntanza de Asociacións na pista de Lago

Valdoviño celebrará o próximo sábado 9 de maio a Xuntanza de Asociacións, organizada polo movemento asociativo local co apoio do Concello e das cooperativas de Lago, Meirás e Vilaboa.

Este ano, terá lugar en Lago, baixo a coordinación da asociación de veciños da parroquia.

A pista polideportiva situada xunto ao parque infantil e a igrexa acollerá a gran carpa baixo a que se desenvolverá o encontro, que arrincará ás 12:45 horas coa actuación do grupo de baile e de gaitas Álvaro Cunqueiro.

Contra as 13:30 horas iniciarase a sesión vermú, amenizada pola solista Nuria Boreal.

O xantar está previsto para as 14:30 horas, ao prezo de 25 euros, e o menú inclúe empanada, callos, churrasco, sobremesa, bebidas, café e chupito. Para os menores de 5 anos será gratis -comunicando previamente a participación-, e os nenos e nenas de 5 anos a 17, terán un prezo reducido de 12 euros.

A venda de tickets está dispoñible nas diferentes entidades veciñais do municipio, ata o 3 de maio.

E tras o xantar, xa á tarde, están previstas varias propostas culturais. A primeira cita terá lugar ás 17:00 horas: un espectáculo de maxia co ilusionista Joshua Kenneth. Un dos mellores magos do territorio nacional, participaba da programación cultural local ofrecendo hai uns meses un espectáculo en San Bartolo que deixaba moi boas impresións.

E xa ás 19:00 horas, teatro co grupo do Centro Cultural Rosalía, que trae a súa exitosa función “Que che vaia ben meu canciño do palleiro”, unha obra que arrasa alí por onde vai.

Na recta final do encontro, a intérprete Nuria Boreal regresará ao escenario, e ao remate da súa actuación, sobre as 21:00 horas, o público poderá seguir a actuación dos grupos de música e baile do municipio, e participar tamén unha gran tómbola de agasallos.

Lea también

Cabanas convoca 3 plazas con cargo al PEL

El Concello de Cabanas informa de la oferta de 3 plazas con el cargo al …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *