Juan Galán presenta en Valdoviño «Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés 1939-1945»

A través dunha exposición do máis didáctica, o escritor e investigador Juan Galán presentaba o venres pasado á tardiña en Valdoviño «Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés 1939-1945«. O acto celebrábase na Biblioteca Municipal, e formaba parte do programa municipal de actividades de recuperación da memoria democrática que promove o Concello co apoio da Deputación da Coruña.

A concelleira de Cultura, Tamara Sabín, daba a benvida ao público asistente e agradecía a presenza do autor, que presentaba por primeira vez no municipio unha das súas obras. O libro, editado por Galaxia, recolle 4 anos de intenso labor de investigación e documentación.

Trátase dun ensaio sobre o exilio francés e unha biografía documentada sobre Joaquín Fernández Millán, un mariñeiro da Pobra do Caramiñal emigrado a Euskadi na década de 1920 que loitou como miliciano no Exército de Euskadi. Como tantos outros españois, a inicios de febreiro de 1939 cruzou os Pirineos para exiliarse en Francia, onde sería internado en campos de concentración durante a Segunda Guerra Mundial, forzado a traballar en compañías de traballo (CTE e GTE) na zona controlada polo Goberno de Vichy, e, posteriormente, para a Organización Todt, na zona ocupada polos nazis, na construción do Muro Atlántico. 

Lea también

El Auditorio de Ferrol acoge «Manía» del pianista James Rhode

El pianista británico James Rhodes regresa la Ferrol este viernes 23 de octubre, para presentar …