Neda reúne nas súas XXI Xornadas literarias aos autores máis recoñecidos do “Galician noir”

Conta atrás activada para o arranque das XXI Xornadas literarias de Neda. Durante dous días- este xoves e venres, a partir das 18 horas- os autores e autoras máis representativos da “novela negra con acento galego” daranse cita na Casa das palmeiras para falar do que algún medio de comunicación internacional bautizou como o “Galician noir”.

Arantza Portabales, en plena xira de presentación da novela Asasinato no muíño do cura; Marta Villar, quen acaba de lanzar a tradución ao castelán de Detective Ferruchi, e Rober Cagiao, que vén de publicar Cadena de favores protagonizarán a primeiras das conversas ao redor das que xira nesta ocasión a iniciativa.

A intervención chegará tras a inauguración oficial e a posterior participación das rapazas que integran o club de lectura “A pantasma de papel» pertencente ao IES Fernando Esquío.

Xa o venres, á tardiña, outros catro autores, completarán a visión sobre este subxénero no que a paisaxe galega, a simboloxía e tradicións culturais e o carácter da nosa xente emerxen como parte esencial da historia.

Na segunda mesa redonda, moderada polo escritor Juan José Lada, participarán Diego Ameixeiras (O Cervo e a sombra), Pedro Feijoo (Donde nacen las bestias), Óscar Reboiras (El caso Salgueiro), e da emerxente Isabel Ramos Breijo (El secreto de Andrea).

Por último, nas xornadas literarias haberá espazo para a sinatura de exemplares porparte dos autores asistentes. A entrada será libre.

Neda Xornadas literarias

Lea también

VII Jornada Histórica de la Armada. Se celebró una conferencia en el Museo Naval de Ferrol,“Don Álvaro de Bazán, el mejor de los nuestros»

Este pasado jueves, día 28 de mayo, a las 12.00 h, se celebró en la …