Desbloqueado un «proxecto clave» para o Xeoparque de Cabo Ortegal, a recuperación do Camiño do Plantío

O vicepresidente da Deputación reuniuse cun alto cargo da Secretaría de Estado de Turismo para desbloquear unha importante iniciativa para a posta en valor do Camiño do Plantío e a posta en valor da Casa da Bastona.

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, aproveitou a súa estadía en Madrid con motivo da celebración do Salón Gourmets para manter unha reunión de traballo con Ilona Shekyants, subdirectora xeral de Desenvolvemento e Sustentabilidade Turística da Secretaría de Estado de Turismo. O obxectivo foi abordar a situación dun dos proxectos financiados con fondos Next Generation vinculados ao Xeoparque Cabo Ortegal.

Regueira e Shekyants analizaron a iniciativa prevista para a recuperación do Camiño do Plantío -Ruta de senderismo en Espasante- e a posta en valor da Casa da Bastona, unha actuación que presentaba dúbidas na súa tramitación e execución e que a Deputación da Coruña considerou viábel desde o primeiro momento.

Tras a reunión, as cuestións técnicas e administrativas «quedaron totalmente aclaradas», segundo explicou o vicepresidente, o que permite «desbloquear definitivamente o desenvolvemento da actuación nos termos inicialmente previstos». Regueira valorou «moi positivamente a entrevista» e agradeceulle á subdirectora xeral a súa «rápida xestión» para facela posíbel.

O vicepresidente destacou que «esta reunión permitiu confirmar a viabilidade dun proxecto que sempre defendemos desde a Deputación como plenamente realizábel e coherente coa estratexia de valorización patrimonial e turística do territorio».

Regueira subliñou ademais a importancia de seguir avanzando nos proxectos vinculados ao Xeoparque Cabo Ortegal como ferramenta para reforzar un modelo turístico sustentábel, vinculado ao patrimonio natural, cultural e paisaxístico da provincia.

Lea también

VII Jornada Histórica de la Armada. Se celebró una conferencia en el Museo Naval de Ferrol,“Don Álvaro de Bazán, el mejor de los nuestros»

Este pasado jueves, día 28 de mayo, a las 12.00 h, se celebró en la …