Ángeles Romero Rodríguez pecha esta semana en Fene o ciclo Contando Ciencia

Cres que para estar sano hai que comer de todo? Partindo deste interrogante, a catedrática de Tecnoloxía de Alimentos da UDC Ángeles Romero Rodriguez falará este xoves en Fene sobre as claves para mellorar a saúde a través da alimentación.

A profesora do Grao en Nutrición Humana e Dietética e do Máster en Innovación, Nutrición, Seguridad e Tecnoloxías Alimentarias afondará, durante a súa intervención no ciclo Contando Ciencia, naqueles “pequenos cambios na alimentación que poden ter un gran impacto no benestar da persoa”. A charla será o xoves 16 de abril, ás 19.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura con entrada libre e gratuíta. Ciclo organizado pola Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene e baixo a coordinación da mestra Violeta Miraz Seco.

Ángeles Romero Rodríguez é catedrática de Universidade na área de Tecnoloxía de Alimentos da UDC e directora da Cátedra Institucional do Pan e do Cereal. Imparte docencia en diferentes centros do Campus de Lugo e, concretamente, na Facultade de Ciencias, onde é responsable de diferentes materias do grao en Nutrición Humana e Dietética e do máster en Innovación, Nutrición, Seguridad e Tecnoloxías Alimentarias.

Coordina o grupo de investigación “Análisis Sensorial, Valoración Nutricional y Desarrollo de Nuevos Alimentos” e nesta líña centra a súa actividade investigadora en diferentes proxectos internacionais, nacionais e autonómicos e en contratos e convenios con empresas e entidades.

Ángeles Romero foi pioneira en Galicia na aplicación de análisis sensoriais de alimentos, convertíndose esta líñea nun dos piares da súa investigación, o que conduxo á creación da spin-off TASTELAB S.L., primeira empresa Tecnolóxica de Análisis Sensorial, da cal é socia fundadora. Ademais, asesora e colabora con diferentes entidades e administracións para desenvolver plans e guías alimentarias para promover a alimentación saúdable.

Tamén participou en proxectos de cooperación ao desenvolvemento en Centroamérica. É membro de diferentes Comités Científicos e Comisións Técnicas e é a representante de alimentos da UDC en diferentes organismos.

Lea también

Las Fiestas de Ferrol viven sus últimos días con una intensa programación

Día prolífero en celebraciones. Esta jornada ‘de fiesta’ ha estado repleta de actividades para todos …