Gran acollida en As Somozas da II Feira Multisectorial Agrícola

A praza do Concello foi sede, dunha gran variedade de postos de alimentación, artesanía e plantación e onde se achegaron centos de veciños e persoas visitantes. O evento ademais contou con carpa de pulpeira e churrasco, así como sorteos de produtos, firma de libros, obradoiros infantís e sesión vermú con degustación de Chanfaina de Chaiña.

Por segundo ano consecutivo, a praza do Concello das Somozas foi testemuña da gran acollida que tivo esta II Feira Multisectorial Agrícola, Alimentación e Artesanía, organizada polo Concello. Un evento que conta cunha gran tradición no municipio e que naceu co obxectivo de dinamizar a actividade económica e social da zona, dando protagonismo aos sectores agrícola, alimentario, artesanal e de produtos de proximidade.

A cita, que tivo lugar o pasado domingo 12 de abril, congregou a centos de veciños e persoas visitantes que puideron visitar unha gran variedade de postos de exposición e venta de maquinaria agrícola, produtos de alimentación,degustación e cata, así como artesanía e produtos da terra e de proximidade.

O evento contou con carpa con pulpeira e churrasco e as persoas visitantes tamén recibiron regalos nos sorteos de produtos aportados polos expositores e participantes na feira que se realizaron durante toda a xornada. Ademais, tamén puideron desfrutar da sesión vermú e degustar a Chanfaina da Chaiña.

Como novidades nesta II edición, a feira contou con firma de libros de autores da comarca, tanto de exemplares para público adulto como para infantil. Ademais, durante toda a xornada os máis pequenos puideron desfrutar de obradoiros e contacontos infantís.

“Estamos moi orgullosos da excelente acollida que volveu ter esta segunda edición da Feira Multisectorial Agrícola das Somozas” e tamén agradeceu “a toda veciñanza e persoas visitantes que se achegaron este domingo a gozar desta mostra do tecido produtivo local e comarcal e nun ambiente festivo, familiar e participativo”, afirmou o alcalde, Juan Alonso Tembrás.

Lea también

Valdoviño abre inscricións no taller de Ramas Literarias que organiza para o público infantil

A actividade, de balde, está dirixida a nenos e nenas de 6 a 11 anos, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *