A Deputación da Coruña publicou no BOP a concesión definitiva da liña de subvencións destinada a apoiar investimentos das agrupacións de voluntariado de Protección Civil da provincia, cun investimento total de 114.961,65 euros.
A resolución da Presidencia beneficia a 16 agrupacións e asociacións da provincia, que poderán mellorar os seus medios materiais e operativos para facer fronte ás situacións de emerxencia.
O programa está orientado á adquisición de equipamento, maquinaria, ferramentas de rescate, sistemas de comunicación ou mesmo dotación de novos vehículos, reforzando así a capacidade de resposta dun servizo esencial para a seguridade da cidadanía.
Estas axudas enmárcanse na aposta da Deputación por apoiar o voluntariado de Protección Civil, especialmente nos concellos de menor tamaño, onde desempeñan un papel clave na prevención, intervención en emerxencias e apoio á veciñanza.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que “as agrupacións de voluntarios de Protección Civil realizan un traballo fundamental para garantir a seguridade das persoas en toda a provincia”.
Formoso subliñou que “con estas axudas contribuímos a que conten con mellores medios para desenvolver o seu labor, reforzando a capacidade de resposta ante calquera emerxencia e recoñecendo tamén o compromiso do voluntariado, que é un dos grandes activos dos nosos concellos”.
RELACIÓN DE AXUDAS APROBADAS
|
Beneficiario |
Importe (€) |
|
AVPC Abegondo |
4.129,49 |
|
AVPC Arteixo |
9.359,29 |
|
AVPC Betanzos |
3.981,87 |
|
AVPC Carnota |
4.045,48 |
|
AVPC Curtis |
9.880,00 |
|
AVPC Dumbría |
7.165,43 |
|
AVPC Muxía |
11.400,00 |
|
AVPC Trazo |
3.970,62 |
|
AVPC Vilasantar |
3.513,92 |
|
AVPC Oroso |
9.880,00 |
|
AVPC Mazaricos |
3.952,00 |
|
AVPC Xallas |
11.400,00 |
|
AVPC Boiro |
6.653,04 |
|
AVPC Negreira |
6.670,51 |
|
Asociación de Agrupacións de Protección Civil |
9.480,00 |
|
Asociación Provincial de Agrupacións de Protección Civil da Coruña |
9.480,00 |
TOTAL: 114.961,65 €
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
