Narón recibe os policías estranxeiros de intercambio no marco do proxecto “Comisarías Europeas”

O Concello de Narón acolleu a visita institucional dos dous policías estranxeiros que participan no programa de intercambio “Comisarías Europeas”, impulsado pola Policía Nacional.
 
 
Os axentes, destinados temporalmente na Comisaría de Ferrol-Narón, mantiveron unha xuntanza coa alcaldesa, Marián Ferreiro; o edil de Seguridade Cidadá, José Oreona; e o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita. Na recepción tamén estiveron presentes a comisaria da Policía Nacional de Ferrol-Narón, Cristina Ochoa, e o inspector xefe, xefe da Brigada de Seguridade Cidadá da Comisaría de Ferrol-Narón, Mario Penas, nun encontro orientado a reforzar a coordinación institucional.
 
 
Os policías participantes neste programa son Luisa Deelmann, do corpo de Policía Estatal de Alemaña (Landespolizei), e Carlo Mincone, membro da Policía do Estado de Italia (Polizia di Stato), que permanecerán na comarca ata o próximo luns 6 de abril.
 
Durante a súa estadía, desenvolverán tarefas de apoio á Policía Nacional, especialmente en zonas con maior presenza de visitantes coincidindo coa Semana Santa, colaborando en labores de atención á cidadanía e facilitando a comunicación con turistas dos seus países de orixe.
 
O proxecto “Comisarías Europeas”, en marcha desde 2008, ten como obxectivo mellorar a atención ao turista estranxeiro e fomentar a cooperación policial internacional, a través do intercambio temporal de axentes de distintos países europeos.

Lea también

Nova edición da Biciescola de Narón para formar a nenos e nenas no manexo da bicicleta

O Concello de Narón reedita Biciescola, unha iniciativa formativa que xa se desenvolveu en edicións …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *