O POS+Social 2026, incrementa ata os 8 millóns de euros o apoio aos servizos sociais municipais. O programa medra un 14,3% respecto ao ano anterior e permitirá reforzar servizos como a axuda no fogar, xantar na casa, conciliación ou atención a persoas maiores e familias vulnerables. Formoso destaca que se trata “dun apoio clave para garantir servizos sociais próximos e de calidade en todos os concellos”
O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade de todos os grupos políticos unha nova achega do POS+Social, a liña específica do Plan Único destinada a financiar e fortalecer os servizos sociais municipais. Este ano, o programa contará cun orzamento de 8 millóns de euros, o que supón un incremento do 14,3% respecto aos 7 millóns do pasado exercicio.
Segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, “o POS+Social é un apoio clave para que os concellos poidan garantir servizos sociais próximos e de calidade, que chegan directamente ás persoas que máis o precisan, especialmente maiores, persoas dependentes ou familias en situación de vulnerabilidade”.
A través deste fondo, os concellos poderán financiar programas e servizos como o reforzo e ampliación do servizo de axuda no fogar, o servizo de xantar na casa, actividades de acompañamento e socialización, programas de conciliación familiar e laboral, servizos de fisioterapia e terapia ocupacional ou axudas directas a persoas e familias en risco de exclusión. Tamén se permite a contratación ou reforzo de persoal técnico e administrativo dos servizos sociais municipais, así como investimentos en infraestruturas e equipamentos sociais que melloren a atención á cidadanía.
Un programa consolidado e en crecemento
O POS+Social naceu no ano 2020 como resposta ao incremento das necesidades sociais dos concellos durante a pandemia e, desde entón, consolidouse como unha das liñas máis importantes do Plan Único. Co incremento deste ano, a Deputación reforza a capacidade dos concellos para prestar servizos esenciais e dar resposta a unha demanda social crecente.
Desde a súa creación, a institución provincial leva investidos preto de 54 millóns de euros nesta liña, contribuíndo a fortalecer a rede pública de servizos sociais nos municipios, especialmente nos de menor tamaño, que son os que teñen maiores dificultades para prestar os servizos sociais debido a escasez de recursos económicos e á dispersión e envellecemento da poboación.
Reparto territorial
O orzamento distribúese entre os concellos da provincia seguindo os mesmos criterios obxectivos do Plan Único: poboación, superficie, dispersión territorial, etc. A maior parte dos fondos destínanse a gasto corrente no ámbito social (salarios, horas de servizo de axudano fogar…), o que permite financiar servizos esenciais do día a día que melloran directamente a calidade de vida da veciñanza.
O POS+Social forma parte do modelo de cooperación municipal da Deputación da Coruña, baseado na autonomía local e na igualdade de acceso aos servizos públicos. Neste sentido, Formoso subliñou que “apostamos por unha política social útil, próxima e centrada nas persoas, que permita aos concellos responder con eficacia ás necesidades reais da súa veciñanza”.
A deputada de Política Social, Mar García Vidal, subliñou que “o POS+Social demostrou ser unha ferramenta moi útil para dar estabilidade aos servizos sociais municipais, permitindo aos concellos planificar e manter programas que son esenciais no día a día, desde o SAF ata a atención a familias ou a conciliación. O incremento deste ano supón máis recursos para reforzar equipos, ampliar servizos e chegar a máis persoas”
O POS+Social súmase a outras liñas de axuda que a Deputación da Coruña destina a reforzar os servizos sociais dos concellos da provincia, como o Plan de Servizos Sociais Comunitarios, cun investimento que este ano alcanza os 9 millóns de euros e que permite financiar 378.000 horas do servizo de axuda no fogar e contratar a 177 profesionais espcialistas no ámbito social nos concellos. Estes apoios da Deputación permiten consolidar unha rede de servizos sociais municipais máis forte, máis coordinada e con maior capacidade de resposta ante as necesidades da cidadanía.
|
Comarca A Coruña |
POS+ SOCIAL |
POS+ SOCIAL |
|
Abegondo |
89.290,91 |
589.349,39 |
|
Aranga |
69.719,18 |
470.457,25 |
|
Arteixo |
198.093,56 |
1.309.664,78 |
|
Bergondo |
66.338,55 |
431.038,55 |
|
Betanzos |
80.775,73 |
536.757,63 |
|
Cambre |
138.584,63 |
927.663,52 |
|
Carral |
66.327,18 |
438.928,80 |
|
Coirós |
39.864,82 |
267.287,50 |
|
Coruña (A) |
33.788,92 |
246.174,95 |
|
Culleredo |
169.244,29 |
1.131.548,33 |
|
Curtis |
76.044,76 |
506.260,61 |
|
Irixoa |
50.088,87 |
335.316,23 |
|
Mesía |
74.467,76 |
500.562,95 |
|
Miño |
64.139,98 |
412.733,21 |
|
Oleiros |
188.938,32 |
1.232.812,77 |
|
Oza-Cesuras |
125.542,75 |
845.577,57 |
|
Paderne |
47.189,95 |
314.475,38 |
|
Sada |
99.291,11 |
645.121,60 |
|
Sobrado |
75.592,87 |
506.415,84 |
|
Vilarmaior |
34.933,11 |
233.174,32 |
|
Vilasantar |
46.340,80 |
319.540,14 |
|
Total |
1.834.598,05 |
12.200.861,32 |
|
Comarca de Santiago |
POS+ Social |
POS+ Social |
|
Ames |
182.181,57 |
1.206.296,88 |
|
Arzúa |
119.713,30 |
806.554,73 |
|
Baña (A) |
77.670,93 |
527.953,00 |
|
Boimorto |
65.155,97 |
441.324,38 |
|
Boqueixón |
72.038,33 |
485.911,53 |
|
Brión |
82.169,64 |
546.782,22 |
|
Dodro |
37.589,28 |
254.147,60 |
|
Frades |
63.842,44 |
435.683,20 |
|
Melide |
113.504,49 |
753.899,88 |
|
Negreira |
101.658,38 |
682.314,92 |
|
Ordes |
134.899,04 |
901.218,59 |
|
Oroso |
82.711,77 |
553.523,40 |
|
Padrón |
68.922,37 |
470.405,21 |
|
Pino (O) |
93.778,69 |
637.535,70 |
|
Rois |
77.183,87 |
523.597,01 |
|
Santa Comba |
142.016,36 |
971.800,88 |
|
Santiago de Compostela |
142.922,19 |
1.054.690,10 |
|
Santiso |
63.925,04 |
430.324,88 |
|
Teo |
131.216,47 |
872.835,15 |
|
Toques |
57.235,13 |
382.858,10 |
|
Tordoia |
80.676,66 |
544.947,37 |
|
Touro |
90.494,44 |
609.048,45 |
|
Trazo |
73.277,05 |
492.408,89 |
|
Val do Dubra |
79.863,82 |
537.643,61 |
|
Vedra |
65.880,14 |
443.956,83 |
|
Total |
2.300.527,37 |
15.567.662,51 |
|
Comarca de Bergantiños |
POS+ SOCIAL |
POS+ SOCIAL |
|
Cabana de Bergantiños |
76.220,66 |
515.117,62 |
|
Camariñas |
56.670,86 |
382.300,83 |
|
Carballo |
224.205,70 |
1.502.596,64 |
|
Cee |
71.135,54 |
472.941,11 |
|
Cerceda |
81.414,48 |
562.465,51 |
|
Corcubión |
23.339,78 |
156.681,55 |
|
Coristanco |
103.331,83 |
708.049,45 |
|
Dumbría |
78.306,98 |
534.979,16 |
|
Fisterra |
45.141,47 |
302.875,93 |
|
Laracha (A) |
118.354,15 |
790.780,16 |
|
Laxe |
44.930,92 |
300.595,62 |
|
Malpica de Bergantiños |
64.535,63 |
437.241,91 |
|
Muxía |
90.866,40 |
611.780,00 |
|
Ponteceso |
84.122,83 |
422.424,29 |
|
Vimianzo |
127.167,46 |
836.462,88 |
|
Zas |
96.695,09 |
659.239,52 |
|
Total |
1.386.439,78 |
9.196.532,18 |
|
Comarca de Ferrol |
POS+ SOCIAL |
POS+ SOCIAL |
|
Ares |
48.078,95 |
319.929,27 |
|
Cabanas |
46.872,86 |
308.935,60 |
|
Capela (A) |
41.602,35 |
276.100,38 |
|
Cariño |
49.138,45 |
335.047,40 |
|
Cedeira |
77.633,41 |
524.239,45 |
|
Cerdido |
37.926,24 |
251.868,93 |
|
Fene |
81.471,68 |
555.472,99 |
|
Ferrol |
64.877,84 |
495.528,91 |
|
Mañón |
53.630,21 |
364.764,68 |
|
Moeche |
40.433,07 |
273.124,68 |
|
Monfero |
89.369,07 |
558.915,66 |
|
Mugardos |
33.357,70 |
301.537,32 |
|
Narón |
198.594,25 |
1.328.942,82 |
|
Neda |
44.416,57 |
304.961,33 |
|
Ortigueira |
136.604,87 |
926.280,90 |
|
Pontedeume |
63.430,32 |
424.926,69 |
|
Pontes de García Rodríguez (As) |
162.792,62 |
1.116.148,25 |
|
San Sadurniño |
66.920,97 |
452.827,42 |
|
Somozas (As) |
53.202,51 |
364.859,07 |
|
Valdoviño |
80.147,92 |
534.130,11 |
|
Total |
1.470.501,86 |
10.018.541,86 |
|
Comarca Barbanza |
POS+ SOCIAL |
POS+ SOCIAL |
|
Boiro |
127.548,75 |
852.806,55 |
|
Carnota |
58.951,56 |
398.369,34 |
|
Lousame |
66.509,06 |
445.384,81 |
|
Mazaricos |
108.785,60 |
739.237,36 |
|
Muros |
80.319,09 |
542.623,47 |
|
Noia |
86.993,31 |
585.175,29 |
|
Outes |
83.159,48 |
565.126,40 |
|
Pobra do Caramiñal (A) |
64.965,22 |
440.301,85 |
|
Porto do Son |
94.616,90 |
634.326,33 |
|
Rianxo |
82.456,46 |
558.528,37 |
|
Ribeira |
153.627,51 |
1.026.192,87 |
|
Total |
1.007.932,94 |
6.788.072,64 |
|
Comarcas |
POS + SOCIAL 2026 |
TOTAL POS+ SOCIAL (2017-2026) |
|
A Coruña |
1.834.598,05 |
12.200.861,32 |
|
Santiago |
2.300.527,37 |
15.567.662,51 |
|
Bergantiños |
1.386.439,78 |
9.196.532,18 |
|
Ferrol |
1.470.501,86 |
10.018.541,86 |
|
Barbanza |
1.007.932,94 |
6.788.072,64 |
|
Total |
8.000.000,00 |
53.771.670,51 |
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.


