Neda acolle a andaina saudable «Avanzando en igualdade»

Un total de setenta persoas sumáronse o sábado 21 á andaina saudable, incluída polo Concello de Neda na programación municipal do 8M.

Unha proposta de lecer activo, baixo o lema “Avanzando en igualdade”, que levou aos participantes, que saíron de Albarón, a percorrer a beira do río Belelle ata o Roxal, para seguir logo por Gandarela, subir ata Ardá e, dende esta zona, iniciar o descenso cara ao punto de partida, pasando por Alcallás, Escorial e a Mourela do Medio.

En total, preto de 7,5 quilómetros para comezar da mellor forma posible a fin de semana. A actividade contou co apoio da Agrupación de voluntarios de Protección Civil e SCD Roxal. 

 

Lea también

Bando nas Pontes da proba das sirenas na Presa da Ribera

O alcalde do Concello das Pontes, Valentín González Formoso, da a coñecer un bando municipal, …