Talento e Responsabilidade Social no Campus Industrial de Ferrol

O Magazine conducido por Joaquín Enríquez volta prestar especial atención ao Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña.

En primeiro lugar, coñecemos o programa Espazo Compartido da Universidade da Coruña, unha iniciativa centrada na inclusión e na participación social, da man da súa directora, a profesora Montse Muriano.

Conversamos con Laura Camila Velasco e Belén González-Costea, estudantes do Máster en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sustentable do Campus Industrial de Ferrol, que veñen de participar na 7ª edición do Sustainable Challenge, unha experiencia que lles permitiu traballar en propostas innovadoras vinculadas á sustentabilidade no sector da moda.

O programa tamén recolle os testemuños de Clara Souto Ferreiro e Irene Rodríguez Ríos, estudantes do Campus Industrial de Ferrol, recentemente galardoadas na segunda edición dos Premios Universitarios a Traballos Fin de Grao (TFG), Traballos Fin de Máster (TFM) e Teses de Doutoramento en materia de emprendemento, correspondentes ao curso académico 2024/25 na Universidade da Coruña.

Por último, o episodio inclúe un proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS) desenvolvido por estudantes de Relacións Laborais e Recursos Humanos do Campus Industrial de Ferrol, centrado na alfabetización dixital. A través de píldoras formativas en formato audio, explican cuestións prácticas como a instalación e utilidade do certificado dixital, os diferentes tipos de buscadores, as plataformas de busca de emprego e nocións básicas de seguridade informática.

Lea también

podcast sabados obradoiro Programa 37

Conversamos con Marcos Mella

Hoxe, Joaquín Enríquez conversa co artista ferrolán Marcos Mella para coñecer máis a fondo o …