A Deputación da Coruña convoca o XVII Premio Rosalía de Castro de Lingua

O premio Rosalía de Castro de lingua, convocado pola área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, chega á súa décimo sétima edición para seguir recoñecendo iniciativas, traballos recentes, traxectorias de persoas, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico da lingua galega, tanto no ámbito da provincia coma o de toda Galiza. O xurado terá especialmente en conta a relevancia para o futuro do noso idioma.

Fuente Diputación da Coruña/ Premios Rosalía de Castro de Lingua 2025

Até o vindeiro 30 de abril está aberto o prazo de presentación de candidaturas, que deberán tramitarse de xeito telemático a través da plataforma electrónica da Deputación (SUBTEL). Poderanse presentar candidaturas doutras edicións que non foran premiadas.

O certame repartirá 15 .000 euros en premios, cunha dotación de 5 000 euros para cada unha das tres categorías. Unha delas distinguirá a persoa que máis destaque na promoción da lingua galega, cunha identidade propia e unhas características xenuínas para empregala en todos os ámbitos e con todos os estratos sociais.

Outra recoñecerá a entidade que máis salientábel na promoción do galego, sexa cal for a súa fórmula xurídica ou modo de constitución. A terceira premiará un proxecto concreto de dinamización lingüística, como ferramentas, publicacións, coleccións ou portais web, que desenvolva un traballo específico coa infancia e a mocidade e que atenda espazos emerxentes de uso da lingua, co obxectivo de poñer en valor a innovación e o futuro do galego.

Fuente Diputación da Coruña/ Premios Rosalía de Castro de Lingua 2025

Xosé Ramón Freixeiro Mato, na categoría A; a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas!, na categoría B; e os proxectos CeibaRimas e Galego para peques, galardoados ‘ex aequo’ na categoría C, foron os gañadores en 2025. Tamén resultaron premiados en anteriores edicións María Canosa, Pakolas, Xaquín Marín, Xabier P. Docampo, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Pirilampo, Galipedia, Twitter en galego, Proxecto Apego, Correlingua ou a Mesa pola Normalización Lingüística.

As bases do certame publicáronse no BOP do 22 de xaneiro:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/22/2026_0000000255.pdf

Lea también

El Auditorio de Ferrol llevará el nombre del músico Álvaro Lamas tras el respaldo unánime del pleno

El pleno del Concello de Ferrol aprobó por unanimidad este jueves el inicio del expediente …