San Sadurniño prepárese para vivir o San Vicente de Ferreira e o cocido de Entroido de Igrexafeita

O sábado 24 de xaneiro, Ferreira de Abaixo honra a San Vicente cun programa que combina música e cousa de comer e xusto unha semana despois, o sábado 31, será a veciñanza de Igrexafeita quen nos anticipe as esmorgas de Entroido cun cocido que terá lugar por razón de espazo no local social de Espiñaredo. Para o San Vicente só hai que achegarse por Ferreira de Abaixo cando chegue o día, pero para o cocido de Igrexafeita hai que ir anotándose xa.

Fuente Concello de San Sadurniño

O San Vicente é organizado pola comisión de festas do San Paio. O santo que segundo a tradición escapaba todas as noites durmir ao pico d Ferreira -e por iso está encadeado na igrexa- é o máis madrugador do ano.

A xornada arrancará ás 13:00 horas con misa na igrexa parroquial, seguida da correspondente traca de fogos e, a partir das 14:00 horas, da sesión vermú animada por Dúo de Estrellas na explanada do local social da Seara, onde haberá instalada unha grande carpa. Á noitiña -20:30 horas- a troula volverá outra vez co Dúo Estrellas, que alternará pases co Dúo JM. Serviranse liscos, bolas da sartén, patacas, pan e chourizos ao prezo de 10€.

Por outra banda, a comisión do Biscordel 2026 empeza o sábado 31 as actividades para recadar fondos de cara á organización da patroa do mes de setembro. Así, o local social de Espiñaredo acollerá unha festa de Entroido que xuntará os dous ingredientes básicos que cabería agardar desta celebración: máscaras e boa mesa.

A xente poderá ir achegándose a partir das 18:00 horas xa que haberá un concurso de disfraces para a cativería animado con música -os premios entréganse ás 20:00h-. Ás 21:30 horas servirase a cea: sopa de cocido, cocido, bebida, sobremesa -orellas, freixós, etc.-, café e un chupiño. O prezo son 30€ as persoas adultas, 15€ a rapazada de 7 a 12 anos e de balde para as crianzas menores de 7.

O último día para anotarse é o 25 de xaneiro a través dos teléfonos 669 915 518, 603 419 473 ou 623 002 011. Durante a noite tamén haberá música ao vivo, sorteos e un concurso de máscaras para persoas adultas (00:30h)

Lea también

Ares acoge este sábado 12 una jornada de degustación de productos de la ría de Ferrol

La atividad, organizada por la Cofradía de Pescadores de Ferrol, tendrá lugar de 12:00 a …