A UDC e a Fundación L. Monteagudo únense para impulsar actividades no arqueódromo do Centro «Torrente Ballester», de Ferrol

A Universidade da Coruña e a Fundación L. Monteagudo asinaron na mañá deste luns, día 12 de xaneiro,un convenio de colaboración para ao mantemento do arqueódromo do Centro Torrente Ballester, que levará o nome do arqueólogo coruñés Luis Monteagudo, e para o desenvolvemento de diferentes actividades. Así se reflicte no documento asinado polo reitor da UDC, Ricardo Cao, e o presidente da Fundación L. Monteagudo, Alfredo Erias, en presenza da vicerreitora do Campus industrial, Ana Ares Pernas; do profesor Montero  Fenellos; e membros da Fundación.

Esta iniciativa, que prevé unha duración inicial de tres anos por un importe total de 57.000 euros, complementará as actuacións desenvolvidas a través da Cátedra Institucional de Arqueoloxía e Educación Patrimonial da UDC-Concello de Ferrol, dirixida polo profesor da UDC, Juan Luis Montero Fenollós.
Tal e como recolle o texto, no marco do convenio desenvolveranse visitas guiadas ao Castro de Tralocastro e outras actividades de difusión e didácticada Cátedra.

O arqueódromo, instalado no Centro Torrente Ballester de Ferrol, é un dos proxectos centrais da cátedra e forma parte da recentemente creada Rede de Centros Museísticos de Ferrolterra.

Sobre a Cátedra e a Fundación

A Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial UDC-Concello de Ferrol, creada no ano 2022, ten como finalidade intercambiar experiencias nos campus da docencia, a investigación e a cultura en xeral promovendo a
creación e xestión dunha Escola de Arqueoloxía en Ferrol, así como o estudo, a conservación, a difusión e a valorización do patrimonio arqueolóxico en xeral e da cidade de Ferrol en particular.

Pola súa banda, a Fundación, creada en 2013 polo arqueólogo Luis Monteagudo, ten como principais fins a investigación e os estudos de Prehistoria, Historia e Filoloxía de Galicia, así como a defensa, conservación, posta en valor e divulgación do Patrimonio Cultural Galego.

Lea también

Un equipo do CITENI da Universidade da Coruña desenvolve un novo modelo de cálculo para deseñar unións metálicas con parafusos pasantes

As unións entre vigas e piares son elementos fundamentais nas estruturas metálicas, xa que condicionan …