Presentadas as bandeiras das regatas de bateis «Ortigueira Boga Folk» e «Merluza do Norte»

Na mañá deste venes, 5 de decembro, o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín , xunto a concelleira de Deportes, Isabel Rego e o Presidente de Remo Revolución, Diego Rodríguez, presentaron as bandeiras das regatas de bateis «Ortigueira Boga Folk» e «Merluza do Norte».

Esta proba, que se disputará o vindeiro 13 de decembro, están incluidas na II Xornada Mariñeira da Pesca ao deporte.Pequen@s Mariñeir@s. A proba levarase a cabo na ría de Ortigueira, en horario de 10:30 a 15:00 h e englobará ás categorías: alevín feminino, alevín masculino, infantil feminino, infantil masculino, cadete femenino e cadete masculino.

Os obxectivos da proba son, entre outros, fomentar a cultura mariñeira; poñer en valor e impulsar o deporte autóctono galego do remo en banco fixo; promover hábitos de vida deportivos e saudables na infancia; aunar tradición Mariñeira , deporte , folklore , natureza e convivencia; preservar , dar a coñecer e difundir o patrimonio marítimo cultural; potenciar accións preventivas na infancia e favorecer a igualdade.

Na xornada participarán máis de 200 nenos/nenas remeiros e 38 equipos de batel. Así, entre os clubs participantes están o Club Remo Ares, o Club Remo Cabo de Cruz, o Club Remo A Cabana Ferrol, o Club Remo Celeiro e o Club Remo Mugardos.

A proba está organizada pola Confraría de Pescadores de Espasante (Ortigueira) e conta coa colaboración do Concello de Ortigueira, Xunta de Galicia, Unión Europea, Federación galega de Remo, Remo Revolución Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa, Club Remo Celeiro, Armadores Hermanos García Yáñez e Juan García Pesca.

Lea también

Valdoviño volve facilitar prácticas non laborais ao alumnado do London Institute

Cinco estudantes de Programación en Linguaxes Estruturadas completarán 175 horas que lles darán acceso ao …