O presidente da Deputación da Coruña recibe á nova Fiscala Superior de Galicia

Formoso trasladou a Carmen Eiró os parabéns da corporación provincial polo seu recente nomeamento como primeira muller que ocupa o cargo.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse este venres no seu despacho da institución provincial coa nova Fiscala Superior de Galicia, Carmen Eiró Bouza, no marco da rolda de contactos institucionais iniciada tras o seu nomeamento, o pasado novembro.

Durante o encontro, o presidente trasladou a Eiró os parabéns da corporación provincial polo seu recente nomeamento como primeira muller responsable da Fiscalía en Galicia e manifestou a total disposición da Deputación a colaborar en calquera competencia de interese común.

Pola súa banda, Carmen Eiró subliñou a importancia da cooperación institucional para garantir os dereitos e a protección dos cidadáns, especialmente en materias prioritarias como a loita contra a violencia de xénero, a protección da infancia e da terceira idade, o medio ambiente e a prevención de delitos complexos ou medioambientais, liñas xerais que a Fiscalía ten marcado como obxectivos prioritarios.

O encontro supón un paso máis na intención da nova Fiscala Superior de manter un diálogo fluído con todas as administracións galegas.

Lea también

A Deputación fai balance de MercaNaVila, que mobilizou 16 millóns de euros en vendas no comercio local

Máis de 93.000 bonos descargados e 300.000 compras realizadas nos establecementos adheridos. O presidente da …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *