O Belén mecanizado da Solaina abre en Narón coincidindo co acendido do Nadal

O barrio da Solaina contará desde este venres 5 de decembro, co seu Belén mecanizado en funcionamento. Trátase dunha das citas máis tradicionais do Nadal en Narón, que mantén vivo o legado de ‘Juanito’, o veciño que durante anos traballou en tranvías e que deixou como herdanza esta montaxe tan singular.
 
 
A apertura ao público do Belén coincide co acendido da árbore e da iluminación de Nadal, que terá lugar este venres a partir das 19:00 horas na Residencia de Piñeiros, e conta co apoio do Concello que decorou o exterior do espazo con iluminación festiva e cunha estrela de Nadal que sinala a entrada ao Belén.
 
No interior, a montaxe destaca polas súas figuras en movemento, entre as que se atopan os Reis Magos sobre os seus camelos, un muíño en funcionamento, varios pastores e outras escenas tradicionais. As pequenas lagoas artificiais inclúen peixes de cores, un detalle que adoita chamar a atención de nenas e nenos.
 
A exposición, que poderá visitarse todos os días da semana, entre as 10.00 e as 22.00 horas, permanecerá aberta ata o próximo 7 de xaneiro. O Belén da Solaina repite así como un dos puntos de encontro máis populares das festas no barrio.

Lea también

Club Arco Narón compite en el Campeonato Galego de Equipos indoor

Este pasado sábado se celebró en Arteixo el Campeonato Galego de Equipos indoor. El Club …