BNG de Narón denuncia crise laboral e de xestión no Centro Manuela Pérez Sequeiro

O BNG de Narón a través dun comunicado expón o seguinte «O Centro Manuela Pérez Sequeiros é un espazo esencial para o benestar social da veciñanza de Narón, que alberga o Centro de Día e desenvolve servizos sociocomunitarios vitais para os veciños. É un espazo municipal, de titularidade pública, aínda que a súa xestión se realice mediante concesión administrativa a unha empresa privada, neste caso DomusVi, nunha concesión xa prorrogada por máis de 10 anos, algo que se debese suplir cunha nova licitación ou coa xestión directa ao 100 % do servizo, algo que xa ten reclamado o BNG en diversas ocasións».

«A situación actual do centro a nivel laboral é totalmente insostible, con 8 persoas de baixa das 17 que alí traballan, atopándose 7 delas de baixa laboral por motivos relacionados co traballo. Isto é un grave indicador de que, como vén denunciando o BNG desde hai meses, “informamos hai nove meses á alcaldesa nunha reunión que solicitamos como BNG, daquela as baixas eran tres, hoxe son case a metade do plantel.”, indica Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón, “preocúpanos que se puidese vulnerar o dereito á saúde laboral do persoal traballador do centro afectando ás usuarias e usuarios do mesmo, moitas delas dependentes, por non poder garantirlles a calidade asistencial que precisan e que merecen”, incide Ledo.

O BNG de Narón solicita no pleno deste mes de novembro ao goberno municipal que «se lle abra a DomusVi un expediente de inspección e seguimento co obxectivo de avaliar as causas desta crise laboral e que se lle esixa a correcta execución das cláusulas do contrato, tanto as relativas ao cadro de persoal como ás que garanten a calidade do servizo». “É preocupante que o concello pedira agora un informe da situación, nove meses despois de que o reclamaramos porque presentamos agora unha moción. De verdade as persoas que fan uso do centro e o cadro de persoal do Manuela precisa que cheguemos ata aquí para que se mova algo?. ”, prosegue Ledo.

Lea también

Detenida una vecina de Narón en un macrooperativo policial por supuesto tráfico de drogas

La Guardia Civil ha llevado a cabo un importante operativo en Narón que se ha …