Chega a Ares a IX edición do Campus Chiquibásquet Nadal

A iniciativa dirixida por Chiqui Barros xa ten as súas inscricións abertas, habilitando 20 prazas para as persoas interesadas. O Campus realizarase do 22 ao 24 de decembro en horario de mañá, de 10:00 a 13:00 horas  e vén a complementar a oferta de mellora baloncestística que o propio Barros dirixe cada verán en Ares.

Tres xornadas de adestramentos para aqueles rapaces que desexen pasar as datas de Nadal xogando, divertíndose e mellorando no baloncesto: así se sintetiza a IX edición do Campus Chiquibásquet Nadal que vén de presentarse conxuntamente polo Concello e Chiqui Barros, o promotor da iniciativa.

Empregando metodoloxías lúdico-formativas, o Campus impulsarase no pavillón polideportivo de Ares dende o 22 ao 24 de decembro, en horario de mañá (de 10:00 a 13:00 horas), para buscar a mellora deportiva e persoal da mocidade de 5 a 22 anos na súa práctica baloncestística. Ofértanse 20 prazas cun prezo de matrícula de 50 euros para non-empadroados na vila e 45 euros para aquelas persoas que residan en Ares.

Coma novidade, este ano incorpóranse nas sesións de entrenamento un apartado especial, o monográfico de tiro, para mellorar especificamente nestra destreza do baloncesto.

O proceso de inscrición estará aberto ata o 23 de decembro, debendo reservar na páxina web do evento https://chiquibasquet.wordpress.com/. Para resolver dúbidas ou ampliar información, tamén está dispoñible o teléfono 676 408 520.

Lea también

Derbi gallego importante para el Valdetires Ferrol este sábado en Esteiro

Partido marcado en rojo en el calendario del Valdetires Ferrol el que tendrá este sábado …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *