Sara Guerrero recibe o premio á Mellor Deportista de Narón 2025

O Pazo da Cultura acolleu a XXXVI edición da Gala do Deporte de Narón nun acto que reuniu a centos de persoas a partir das 21.00 horas. Como é tradición, o evento culminou coa entrega do premio a Mellor Deportista de Narón, que este 2025 recaeu na triatleta Sara Guerrero Manso, da Agrupación Deportiva Náutico de Narón.
 
 
Unha actuación do grupo infantil e xuvenil da academia Paso a Paso abriu a gala a ritmo de ABBA. A cita, estivo presidida polo concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, acompañado doutros membros da corporación municipal. Foron os encargados de entregar os recoñecementos das 35 modalidades premiadas, seleccionadas por un xurado integrado por profesionais vencellados ao ámbito deportivo.  No seu discurso, Santalla desculpou a ausencia da alcaldesa, Marián Ferreiro, quen non puido asistir á cita por mor dunha indisposición de última hora.
 
O edil transmitiu “o agarimo e o recoñecemento” da rexedora ás persoas que conforman a familia deportiva de Narón. “Este non é só un acto institucional, senón una celebración do esforzo, da disciplina e da paixón polo deporte que se vive cada día nos nosos clubs, nas escolas deportivas e nas instalacións municipais”, dixo o edil de Deportes que quixo agradecer expresamente “o traballo incansable dos clubs deportivos de Narón”, responsables de formar deportistas e transmitir valores fundamentais, e ratificou que o Concello “seguirá apoiándoos para seguir medrando xuntos”.
 
Ibán Santalla dirixiuse tamén aos membros do xurado, aos que recoñeceu a imparcialidade e dedicación nunha tarefa “nada doada” dada a calidade das candidaturas, e ao persoal do Padroado de Deportes, “parte fundamental deste éxito colectivo”, polo seu labor diario, a atención aos clubs e a xestión das instalacións. A triatleta galardoada co Premio a Mellor Deportista, Sara Guerrero Manso (1997), que continúa no estranxeiro tralo seu éxito en Brasil, quixo enviar un vídeo de agradecemento ao seu Concello natal que, dixo, «levo sempre con orgullo».
 
No seu nome recolleu o premio Claudia Fernández, amiga e compañeira na AD Náutico de Narón. Guerrero vén de asinar unha das etapas máis destacadas da súa carreira, sumando medallas en probas internacionais que consolidan a súa proxección. A comezos de novembro, colgaba a plata na Copa do Mundo de Viña del Mar, en Chile, e hai apenas uns días acadaba o primeiro ouro nunha Copa do Mundo na cita celebrada en Florianópolis.
 
Deportistas do ano por modalidades
 
Durante o acto nomeáronse ademais os Deportistas do Ano en 35 disciplinas: atletismo, automobilismo, automodelismo, baile deportivo e de competición, baloncesto, balonmán, carreira de montaña, ciclismo, colombofilia, danza urbana, fútbol, fútbol sala, golf, halterofilia, hockey, judo, kárate, karting, kickboxing, motociclismo, natación, natación artística, pádel, piragüismo, rallye slot, remo, silvestrismo, tenis, tenis de mesa, tiro con arco, tiro olímpico, triatlón, voleibol, xadrez e ximnasia rítmica.
 
No capítulo das mencións especiais, a gala recoñeceu algunhas das traxectorias e logros máis destacados do ano. No ámbito da promesa deportiva, foron distinguidos a xogadora de tenis de mesa Sofía Couce Insua, do Cidade de Narón e bronce por equipos no último Campionato de Europa, e o piragüista Borja López González, do Firrete, polos seus resultados en competicións autonómica e estatal. Como Mellor Proxección Deportiva destacouse ao padelista Iago Fuertes Leonardo, do Club Pádel Narón, campión de Europa e do mundo coa selección española e Premio Mellor Deportista de Narón 2024, así como ao futbolista Manuel Fernández Arroyo, actualmente nas filas do Celta de Vigo.
 
O apartado de Mellor Traxectoria Deportiva recaeu no piloto de rally e referente automobilístico Jorge Cagiao Sueiras, de Recalvi e bicampeón de España de rallies de asfalto, e na judoca June Moreno Campo, da AD Judo Ferrolterra, recoñecidos polo seu longo e brillante percorrido competitivo. O galardón ao Mellor Adestrador foi para Lino López Amado, técnico do Baxi Ferrol, polo seu labor á fronte dun proxecto deportivo consolidado na elite do baloncesto feminino.
 
Tamén se recoñeceu o éxito internacional de tres formacións vinculadas á danza e ao baile deportivo: Narón Kids, do Club Baile Deportivo Narón; Revolution UPA, de Un Paso Adelante; e Lil Team, de Paso a Paso, que acadaron resultados sobresaíntes en citas fóra de España.
 
No eido da igualdade, destacouse o compromiso do equipo feminino da SD O Val de Narón, mentres que o premio á Dedicación ao deporte foi para Ramón Rey Leira, da AD Judo Ferrolterra. Como Mellor Club desta edición distinguiuse ao Club Tenis de Mesa Cidade de Narón, e no apartado de Axuda e colaboración desinteresada recoceuse o labor do Moto Club Fojeteiros, pola súa implicación constante cos eventos deportivos do municipio.

PREMIOS XXXVI GALA DO DEPORTE DE NARÓN

Mellor Deportista do ano 2025
Sara Guerrero Manso (AD Náutico Narón)

Mencións especiais

Mellor Promesa: Sofía Couce Insua (Tenis de Mesa Cidade de Narón) / Borja López González (Piragüismo Firrete)
Mellor Proxección Deportiva: Iago Fuertes Leonardo (Club Pádel Narón) / Manuel Fernández Arroyo (Celta de Vigo)
Mellor Traxectoria Deportiva: Jorge Cagiao Sueiras (Recalvi) / June Moreno Campo (Judo Ferrolterra)
Mellor Adestrador: Lino López Amado (Baxi Ferrol)
Resultados internacionais: Narón Kids (Club Baile Deportivo Narón), Revolution UPA (Un Paso Adelante), Lil Team (Paso a Paso)
Fomento da igualdade no deporte: Equipo feminino SD O Val de Narón
Dedicación ao deporte: Ramón Rey Leira (AD Judo Ferrolterra)
Mellor Club: Club Tenis de Mesa Cidade de Narón
Axuda e colaboración desinteresada: Moto Club Fojeteiros

Premios por modalidades deportivas
No transcurso da gala entregáronse os diplomas e galardóns correspondentes ás seguintes disciplinas:

Atletismo

Diploma da Especialidade: Erika Fernández Guede (Club Atletismo Narón)
Mellor Deportista da Especialidade: Ero Doce González (Club Atletismo Narón)
Diploma de Base: Antón Díaz Gómez (Club Atletismo Narón)
Mellor Deportista de Base: Lois Corral Mosquera (Club Atletismo Narón)

Automobilismo

Mellor Deportista da Especialidade: Javier Bouza Díaz (Escudería Siroco Narón)Automodelismo
Mellor Deportista da Especialidade: Álvaro Fernández Calvo (Club Narón Radiocontrol)
Mellor Deportista de Base: Hugo Fagil Viñán (Club Narón Radiocontrol)

Baile deportivo e de competición

Diploma da Especialidade: David Vigo Outón e Marta Castaño Martínez (Club Baile Deportivo Narón)
Mellor Deportistas da Especialidade: Alberto López Rañal e Noelia Rey Argibay (Club Baile Deportivo Narón)
Diploma de Base: Iván Rocha Varela e Zaida Rodríguez Puente (Club Baile Deportivo Narón)
Mellor Deportista de Base: Ako Claudia Rodríguez Puente (Club Baile Deportivo Narón)

Baloncesto

Diploma da Especialidade: Alberto Rozados López (CB Narón)
Mellor Deportista da Especialidade: Marcos Fernández Zas (Estudiantes Lugo)
Diploma de Base: Adrián Leonardo Fernández (CB Narón)
Mellor Deportista de Base: Irene Somorrostro Fornos (Baxi Ferrol)

Balonmán

Diploma da Especialidade: Alejandro Dopico Ponce (CB Narón)
Mellor Deportista da Especialidade: Jesús Daniel Montero Sobrino (CB Narón)
Diploma de Base: Onan Ramírez González (CB Narón)
Mellor Deportista de Base: César de Castro Torrente (CB Narón)

Carreira de Montaña

Diploma da Especialidade: Emilio José Fernández Fonticoba (Pasa ou Entorna)
Mellor Deportista da Especialidade: Guadalupe Rubio Fernández (Pasa ou Entorna)

Ciclismo

Diploma da Especialidade: Marcos Veiga Amado (Ciclos Quintena)
Mellor Deportista da Especialidade: Sergio Veiga Amado (PonteBike Team)
Mellor Deportista de Base: José Manuel Rouco Durán (CC Cambre)

Colombofilia

Diploma da Especialidade: Jorge Jesús Bouza Freire (Mariñas Altas)
Mellor Deportista da Especialidade: José Manuel Bellón Rodríguez (Mariñas Altas)

Danza urbana
Diploma de Base: Candela Esclusa Saavedra (Paso a Paso)
Mellor Deportista de Base: India López López (Paso a Paso)

Fútbol

Diploma da Especialidade: Noemí García Rey (O Val)
Mellor Deportista da Especialidade: Samuel Fernández Leonardo (RC Deportivo)
Diploma de Base: Rubén López Curran (CD Narón)
Mellor Deportista de Base: Nicolás Balbás Gonzáles (RC Deportivo)

Fútbol sala

Diploma da Especialidade: Raúl López Rivas (Wanapix Sala 10)
Mellor Deportista da Especialidade: Cristina Lourés Casal (FS Castro)
Diploma de Base: Naia López de Lima (O Parrulo Ferrol)
Mellor Deportista de Base: Rubén Salgueiro Maroño (O Parrulo Ferrol)

Golf

Mellor Deportista da Especialidade: Adrián Soto Veiga (Campomar) Halterofilia
Mellor Deportista da Especialidade: Adrián López Teijeiro (Gaman)
Mellor Deportista de Base: Gala Fernández Graña (Gaman)

Hockey

Diploma de Base: Nacho Núñez Ramos (Hockey Narón)
Mellor Deportista de Base: Raúl Cendán Fernández (Hockey Narón)

Judo
Diploma da Especialidade: Mario Tenreiro Leira (Judo Ferrolterra)
Mellor Deportista da Especialidade: Miguel Trillo Valeiro (Club Bitácora)
Diploma de Base: Alba Bollo Martín (Judo Ferrolterra)
Mellor Deportista de Base: Hugo López Pereira (Judo Ferrolterra)

Kárate

Diploma da Especialidade: Eliseo Penabad Fernández (Grupo Bazán)
Mellor Deportista da Especialidade: Sara Couce Bacelo (Escola Superior de Kárate Narón)
Diploma de Base: Uxía Piñeiro Marcuño (Escola Superior de Kárate Narón)
Mellor Deportista de Base: Marcos Veiga Vilches (Escola Superior de Kárate Narón)

Karting
Mellor Deportista da Especialidade: Brais García García (FGA / Squadra Racing)

Kickboxing

Diploma da Especialidade: Daniel Robles Iglesias (SDCR Narón O Freixo)
Mellor Deportista da Especialidade: Rubén Iglesias Fernández (SDCR Narón O Freixo)
Diploma de Base: David Romalde Novoa (SDCR Narón O Freixo)
Mellor Deportista de Base: Mateo Pena Gómez (SDCR Narón O Freixo)

Motociclismo

Mellor Deportista de Base: Eduardo Saavedra López (DSVK Riders)

Natación

Diploma da Especialidade: Ange Marie Hernández Figueroa (CN Ferrol)
Mellor Deportista da Especialidade: Daniel Meizoso Fernández (AD Náutico Narón)
Diploma de Base: Aroa Jiménez Filgueira (CN Ferrol)
Mellor Deportista de Base: Hugo González González (AD Náutico Narón)

Natación artística

Mellor Deportista de Base: Blanca Leiras Castro (Sincro Ferrol)

Pádel

Mellor Deportista de Base: Mateo García de los Reyes Rey-Cabarcos (CP Narón)

Piragüismo

Mellor Deportista da Especialidade: Martín López González (CN Firrete)
Diploma de Base: Jon Roca Friebel (CP Narón)
Mellor Deportista de Base: Iván Pedreira Sanmartín (CP Narón)

Rallye-slot
Diploma de Base: David Barragán Sumerinde (SCRD Ferrolterra)
Mellor Deportista de Base: Adrián Pernas Allegue (SCRD Ferrolterra)

Remo

Diploma da Especialidade: Elena Tenreiro Rico (Remo A Cabana)

Mellor Deportista da Especialidade: Malena Barro Casanova (Remo San Felipe)
Diploma de Base: Javi Gómez Civies (Remo Narón)
Mellor Deportista de Base: Aarón Salgueiro Bañobre (Remo A Cabana)

Silvestrismo

Diploma da Especialidade: María Ángeles Pérez Arcos (A Faisca)
Mellor Deportista da Especialidade: Marcelino Pardiñas Peña (A Faisca)

Tenis

Mellor Deportista de Base: Catalina Arcos Orjales (Escola Justo al Revés)

Tenis de mesa

Diploma da Especialidade: Julia Guerra Fernández (Cidade de Narón)
Mellor Deportista da Especialidade: Candela Montero Caaveiro (Cidade de Narón)
Diploma de Base: Enzo López Ledo (Cidade de Narón)
Mellor Deportista de Base: Lucía Saura Gómez (Cidade de Narón)

Tiro con arco

Diploma da Especialidade: Lúa Teijeiro Aneiros (Arco Narón)
Mellor Deportista da Especialidade: Iria Zaragoza López (Arco Narón)
Diploma de Base: Alba Oca Barreiro (Arco Narón)
Mellor Deportista de Base: Paula Pérez Díaz (Arco Narón)

Tiro olímpico

Diploma da Especialidade: Francisco Paredes Mirás (El Castro)
Mellor Deportista da Especialidade: Judith Baña Matalobos (El Castro)

Triatlón

Diploma da Especialidade: Lucía Piñón Pereira (Delikia)
Mellor Deportista da Especialidade: María Alzaga Criado (AD Náutico Narón)
Diploma de Base: Javier Campos Pacio (AD Náutico Narón)
Mellor Deportista de Base: Cristina Martínez Senra (AD Náutico Narón)

Voleibol

Diploma da Especialidade: Noemí Díaz González (CV Narón-Volea)
Mellor Deportista da Especialidade: Nerea Armada Romero (CV Narón-Volea)
Diploma de Base: Miguel Hermida Sanesteban (Aldebarán San Sadurniño)
Mellor Deportista de Base: Mateo Garrido Varela (CV Narón-Volea)

Xadrez

Diploma da Especialidade: Tito Franco Ciuffi Bompenza (Círculo Xadrez Narón)
Mellor Deportista da Especialidade: David Varela Peteira (Círculo Xadrez Narón)
Diploma de Base: Anxo Fernández Allegue (Círculo Xadrez Narón)
Mellor Deportista de Base: Teo Fraga Veiga (Círculo Xadrez Narón)

Ximnasia rítmica

Diploma da Especialidade: Verónica Fernández Matesanz (Acordes Narón)
Mellor Deportista da Especialidade: Bruno García Saavedra (Acordes Narón)

Diploma de Base: Andrea Otero Díaz (Acordes Narón)
Mellor Deportista de Base: Antía Paniagua Martínez (Acordes Narón)

Lea también

El Centro de Protonterapia de Galicia recibió un componente clave de su equipo ‘Proteus One’, el más avanzado para tratar el cáncer

El Gobierno gallego invierte casi 20 millones de euros en la ejecución del edificio del …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *