Unha unidade móbil para a doazón de sangue visita Narón

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue ADOS despraza unha unidade móbil á cidade de Narón este mércores 19 e xoves 20 de novembro.
 
 
O vehículo permanecerá operativo nas inmediacións do centro de saúde, en horario de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Dende ADOS lembran a importancia de manter uns hábitos axeitados antes de doar sangue. Así, recoméndase que as persoas que acudan pola mañá tomen o seu almorzo con normalidade, e que aquelas que o fagan pola tarde agarden dúas horas despois do xantar.
 
As persoas doantes deberán acreditarse coa tarxeta de doante, o DNI ou outro documento oficial de identificación, e informar ao persoal médico no caso de estar a seguir algún tratamento farmacolóxico. A Axencia anima á cidadanía de Narón a participar nesta nova campaña solidaria, lembrando que cada doazón pode axudar a salvar vidas.

Lea también

A campaña Merca Nadal de Narón reparte 2.000 euros en vales de compra

O Concello de Narón acolleu o acto de entrega dos tres vales de compra correspondentes …