Deputación da Coruña e As Somozas inauguran o renovado campo de fútbol Manuel Candocia

O investimento, de máis de 220.000 euros, permitiu substituír o céspede artificial por un de última xeración. A Deputación financiou o 80% das obras cunha achega de case 180.000 euros.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, inauguraron o renovado campo de fútbol Alcalde Manuel Candocia, tras a finalización das obras de renovación do seu céspede artificial, financiadas entre a institución provincial e o concello. No acto participaron ademáis o deputado de Deportes, Antonio Leira, representantes do goberno municipal, das empresas que desenvolveron as obras e do equipo local, a Unión Deportiva Somozas.

A actuación contou cun investimento total de 223.854,46 euros, dos que a Deputación achegou 179.083,56 euros, o 80% do orzamento total, a través dun convenio de colaboración co Concello, que achegou o 20% con fondos propios.

Os traballos consistiron na retirada do antigo céspede artificial e na verificación da capa soporte, á que se incorporou un novo céspede de última xeración, formado por unha banda elástica prefabricada de escuma de polietileno expandido e filamentos tricolores de 45 milímetros de altura, con baseamento de dobre capa de propileno.

Formoso destacou que esta actuación mellora unha instalación deportiva emblemática do municipio e pon a disposición da veciñanza un campo de primeiro nivel para a práctica do fútbol, subliñando ademais “o compromiso da Deputación coa mellora das infraestruturas locais e co apoio aos concellos máis pequenos da provincia”.

Pola súa parte, o alcalde Juan Alonso Tembrás agradeceu o apoio da Deputación e sinalou que a obra supón un salto de calidade nas instalacións municipais, moi utilizadas tanto polos equipos federados como pola veciñanza, e garante o seu uso en condicións óptimas durante moitos anos.

Este investimento súmase aos 868.437 euros dos que o Concello das Somozas dispón este ano a través do Plan Único (POS+2025) para financiar obras e servizos en todo o municipio, consolidando o apoio da Deputación ao desenvolvemento local e á mellora das dotacións públicas.

Lea también

Mugardos continúa con la revisión del alumbrado público aplazada por los efectos del temporal

El Concello de Mugardos informa que continúan los trabajos de revisión integral del alumbrado público …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *