A Deputación de A Coruña celebra unha sesión online sobre prácticas sostibles no sector turístico do Eume

A Deputación da Coruña celebra o vindeiro martes 11 de novembro, ás 9:30 horas unha sesión sobre prácticas sostibles para o sector turístico do Eume. As inscricións poden realizarse a través do correo turismo@dacoruna.gal

Este traballo, desenvolto no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Destino “Fragas do Eume”, promovido pola Deputación da Coruña e financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, supón un avance na inclusión de prácticas sostibles no día a día do sector turístico na comarca do Eume.

O evento contará coa presenza de representantes institucionais, axentes turísticos e empresariais, quen poderá coñecer de primeira man as prácticas sostibles para implementar nos negocios locais.

A sensibilización da poboación local así como o tecido empresarial do sector turístico do Eume en materia de sostibilidade, resulta crucial para o desenvolvemento económico e social da comarca. Con isto, perséguese que os axentes dispoñan das ferramentas necesarias para poder acadar un sector turístico sostible e responsable.

Este proxecto reforza o compromiso da Deputación da Coruña e dos municipios do Eume cun modelo de turismo sostible, baseado na valorización do territorio, a diversificación da oferta e a atracción de iniciativas empresariais respectuosas coa contorna.

Lea también

CNC considera “prácticamente nulo” el impacto de la huelga general en el sector de la construcción

La Confederación Nacional de la Construcción (CNC) informa de que la huelga general convocada para …