Ares iza por segundo ano consecutivo a Bandeira Verde

A concelleira de Medioambiente de Ares, Lucía Blanco, izou o galardón medioambiental que outorga a Xunta de Galicia á vila por segundo ano consecutivo, a Bandeira Verde 2025, na entrada do consistorio aresán.

O distintivo lucirá nas instalacións municipais como un recoñecemento ó traballo en materia de reciclaxe e vontade ecolóxica da localidade, salientando a corresponsabilidade da veciñanza e da administración na mitigación do cambio climático, o impulso de accións de carácter medioambiental e a eficiencia na xestión dos residuos que se xeneran no día a día.

De igual maneira, a Bandeira Verde acredita publicamente o compromiso dos veciños de Ares e do Concello na procura da eficiencia enerxética, a protección da paisaxe e a ordenación do territorio, sendo un dos 33 municipios seleccionados con este galardón medioambiental.

Lea también

Neda pone en marcha los talleres de estimulación cognitiva en los que aún es posible inscribirse

Comienzan a funcionar los talleres municipales de estimulación cognitiva, dirigidos a la población mayor de …