Éxito da senda das ánimas en Neda

Fuente.-Concello de Neda

Tras varios anos nos que a chuvia augou a celebración, Neda volveu converterse en escenario da ruta máis terrorífica da comarca.

Fuente.- Concello de Neda

A porta que une o mundo dos vivos e dos mortos non esperou ao 31 de outubro para abrirse, e as ánimas- algunhas maléficas- vagaron libremente na tarde noite deste sábado pola céntrica rúa Real, sorprendendo e dando máis dun susto á rapazada e aos adultos acompañantes que foron ao seu encontro.

Fuente Cocello de Neda

Un total de 255 persoas se inscribiron para participar no centro histórico nesta proposta, impulsada polo Concello para conmemorar o samaín, mentres no patio do CEIP San Isidro a veciñanza desfrutaba do tradicional magosto, degustando as típicas castañas asadas e os boliños preñados.

Lea también

20 alumnos participan en Ortigueira no obradoiro dual de emprego «Terras do Ortegal III»

Trátase dunha iniciativa promovida polos concellos de Ortigueira, Cariño, Cerdido e Mañón e financiada cunha …