O SGHN en Ferrol acolle a presentación do documental «Filtrando a luz»

Este domingo 12 de outubro de 2025 ás 11:30 horas terá lugar a presentación no Museo de Historia Natural de Ferrol do documental «Filtrando a luz».

«Filtrando a Luz» é un documental sobre o movemento ecoloxista galego, que forma parte dun proxecto máis amplo da Federación Ecoloxista Galega, de recuperación da Memoria do Movemento Ecoloxista Galego na voz dos e das protagonistas, e que leva asociado un documental de 90 minutos xunto a entrevistas máis breves sobre diferentes temáticas e coa participación de diferentes voces.

O documental resume a Historia do ecoloxismo galego dende 1973 até hoxe. Está dirixido por Xacobe Meléndrez Fassbender, artista audiovisual de longa traxectoria que tamén forma parte do movemento ecoloxista.

A actividade do Museo de Historia Natural da SGHN é posible grazas ás cotas das persoas socias, ás doazóns do público visitante e ao patrocinio do Concello de Ferrol.

Lea también

Fernando Lores Heredia, galardonado en el Museo Naval de Ferrol con el Premio de Pintura de la Mar ‘Almirante 2026’ 

Este jueves día 29 de octubre, a las 12.00 horas, se ha celebrado en la …