A Xunta apoia con 941.000 € a contratación de persoas con discapacidade con axudas a centros especiais de emprego en ferrolterra

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou este martes no polígono Río do Pozo de Narón a empresa Galogística, un dos centros beneficiarios desta convocatoria da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

A Xunta apoia este ano con 941.140 euros a contratación de persoas con discapacidade en Ferrolterra a través das axudas a oito centros especiais de emprego (CEE) da zona. A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta martes, unha delas, Galogística, que percibiu unha achega autonómica de 166.738 euros para o mantemento e adaptación dos 27 postos de traballo que posúe actualmente.

A convocatoria de axudas para centros especiais de emprego, dotada inicialmente este ano de máis de 27 M€, inclúe tres liñas de axuda: unha para o mantemento do custo salarial e dos empregos das persoas traballadoras con discapacidade dos CEE (que recibirán importes equivalentes a entre o 50% e o 65% do Salario Mínimo Interprofesional), outra para financiar os custos salariais da contratación indefinida do persoal das unidades que prestan apoio a esas persoas con maiores obstáculos para atopar traballo e unha terceira para dar estabilidade empregos mediante a contratación indefinida (máximo de sete postos por centro subvencionables) con incentivos de ata 25.000 euros por posto creado a xornada completa en función das características da persoa traballadora, así como para a adaptación de postos de traballo ás condicións das persoas cunha contía de 1.800 euros por cada un.

Durante a visita ao centro, a delegada territorial puxo en valor este tipo de convocatorias que reflicten “a aposta firme aposta firme da Xunta pola inclusión laboral das persoas con discapacidade” e destacou a importancia para iso de apoiar a estas entidades como Galogística “cuxa labor é esencial para que as persoas con maior nivel de dificultade de acceso ao mercado de traballo poidan desenvolverse tanto desde unha esfera profesional como social e persoal”, dixo.

Lembrou ademais que xunto coas axudas aos centros especiais de emprego, a Xunta convocou de xeito unificado este ano as destinadas a empresas de inserción cuxo obxectivo é a contratación de persoas en situación ou risco de exclusión social, que recibirán formación e emprego durante un máximo de tres anos. Neste caso o orzamento da convocatoria ascendeu a 1,5 M€ e establécese como requisito que as empresas solicitantes deben ocupar o seu cadro de persoal con cando menos o 30% de persoas en situación ou risco de exclusión social.

Lea también

Herida una animadora del tren navideño de Narón al caer del vehículo en marcha

La joven, que realizaba labores de animación caracterizada como «elfa», fue trasladada a un centro …