Axenda en Narón do 3 ao 5 de outubro

Venres 3 de outubro de 2025

Actividade: Un Deus salvaxe. Lugar: Pazo da Cultura. Hora: 20:30 horas

O Pazo da Cultura acollerá a representación de Un Deus salvaxe, un drama da compañía Talía Teatro protagonizado por María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais. A obra conta a historia de dous matrimonios que se atopan para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Sábado 4 de outubro de 2025

Actividade: XXI Certame de Habaneras de Narón. Lugar: Auditorio municipal. Hora: 17:30 horas.

O Concello e o Padroado da Cultura colaboran coa Sociedade Cultural Areosa de Piñeiros neste certame no que actuarán as corais da Sociedade Cultural Areosa, a Polifónica Eumesa e Chorima de Castro e as rondallas de Cariño e Mugardesa. A entrada é de balde.

Actividade: Un Deus salvaxe. Lugar: Pazo da Cultura. Hora: 20:00 horas.

Domingo 5 de outubro de 2025

Actividade: Feira do mel e produción primaria. Lugar: Recinto feiral do Trece (Sedes). Hora: De 11:00 a 14:00 e dende as 16:00 ata as 20:00 horas.

O Concello organiza esta feira en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura. Unha trintena de postos de venda de mel e produtos de alimentación daranse cita neste evento, cun programa que inclúe degustacións, actividades para nenos, charlas… A entrada ao recinto é de balde.

Archivo 2023

Lea también

La inclusión en el ámbito laboral ¡Ponte en mi lugar! es la jornada que organizan Cofer e Inserta Empleo

COFER e INSERTA EMPLEO, invitan a vivir una experiencia única que transformará la visión sobre …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *