O BNG de Narón denuncia o perigo que supón circular pola Estrada de Baltar, na parroquia do Val

A portavoz municipal do BNG de Narón, Olaia Ledo, e a Deputada Provincial do BNG, Cristina García, visitaron a estrada de Baltar, que une a estrada de Valdoviño co convento de Baltar, na parroquia do Val.

A visita da deputada débese á comprobación in situ da perigosidade que representa transitar por esta vía tanto para vehículos como para viandantes, despois de que se realizase na mesma a instalación do saneamento por parte do concello, inversión feita coa aportación do POS (Plan de Único de Obras para os Concellos) da Deputación, área xestionada por García.

Son moitas as queixas presentadas pola veciñanza do Val, concretamente a que vive nas inmediacións da estrada da que estamos a falar ou que a usa como vía de acceso ás súas vivendas.

É unha estrada moi transitada e pola que discorre tamén unha línea de transporte público, na que é imposíbel o tránsito dun automóbil e un autobús ao mesmo tempo e que tampouco teñen moita marxe de maniobra para deixarse paso un ao outro xa que arrimarse ás beiras implica pisar a vía de formigón feita para os viandantes, cos seus saltos nas entradas das vivendas que fan voar os automóbiles, ou caer nun burato na outra marxe.

“As cousas non as cremos si non as vemos, pero é incríbel ver tantos erros nunha obra que percorre uns metros dunha estrada con tanto tránsito coma esta, erros que poñen en perigo aos viandantes e aos vehículos que circulan pola mesma».

«Todo isto teríase solucionado si por parte do concello de Narón se fixese un seguimento, mediante persoas técnicas, das obras, xa que nos últimos anos son moitas as queixas por parte da veciñanza de todas as que se fan, saltando á vista o mal estado dalgunha delas coma a Avenida da Solaina”, declara Olaia Ledo, portavoz municipal.

Lea también

La inclusión en el ámbito laboral ¡Ponte en mi lugar! es la jornada que organizan Cofer e Inserta Empleo

COFER e INSERTA EMPLEO, invitan a vivir una experiencia única que transformará la visión sobre …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *