Narón acolleu unha reunión do Consello Municipal de Memoria Democrática

A concelleira de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, presidiu a reunión do Consello Municipal de Memoria Democrática do Concello de Narón. Á convocatoria acudiron tamén os voceiros de TEGA, Román Romero; PP, Germán Castrillón; do BNG, Olaia Ledo, e do PSOE, Silvia de Arriba, e en representación da Asociación Memoria Histórica Democrática o presidente, Manuel Fernández Pita; os historiadores Enrique Barrera e Xosé Manuel Suárez.

Ésta foi a segunda xuntanza que se convoca anualmente con carácter ordinario. No transcurso da mesma abordáronse diferentes temas, entre eles o nomeamento das vías públicas da cidade e a posibilidade de declarar determinados lugares de Narón como Lugares de Memoria Histórica.

Outra das cuestións que se puxo sobre a mesa foron as posibles exhumacións na fosa común localizada no camposanto do Val, onde enterraron varias persoas de Narón e comarca fusiladas durante a época do franquismo.

A concelleira de Participación Cidadá valorou positivamente esta nova xuntanza do Consello Municipal de Memoria Democrática, en canto que permite “poñer en común temas de gran relevancia para a cidade en particular e para a historia en xeral, tratando de homenaxear ás vítimas e de que non queden no esquecemento estes feitos”.

Lea también

Narón entrega os rótulos coas novas numeracións de vivendas de San Xiao, Castro, San Mateo e O Val

Os edís de Estatística de Narón, Mar Gómez, e Patrimonio, José Oreona, anunciaron que dende …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *