Narón entrega os rótulos coas novas numeracións de vivendas de San Xiao, Castro, San Mateo e O Val

Os edís de Estatística de Narón, Mar Gómez, e Patrimonio, José Oreona, anunciaron que dende o Concello se entregará nas vindeiras semanas á veciñanza das parroquias de San Xiao, Castro, San Mateo e O Val a nova numeración das súas vivendas.

Os rótulos, tal e como indicaron, son gratuítos, e levan o nome da rúa, o número da vivenda e un código QR que dá acceso a unha ficha con datos catastrais do inmoble. A primeira fase da entrega destes rótulos levarase a cabo nos centros cívicos sociais da zona urbana e rural e tamén noutros edificios municipais como a Biblioteca, o Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, os centros comunitarios das Vivendas da Marina e Manuela Pérez Sequeiros…

Posteriormente, a partir da segunda quincena de outubro, poderanse recoller no Consistorio os das vivendas particulares localizadas en San Xiao, Castro, San Mateo e O Val. Unha vez que remate esta entrega procederase a facer o propio para os inmobles de Sedes, Pedroso e Doso. En todos os casos, anunciarase previamente a convocatoria ós veciños da zona para que se dirixan ao terceiro andar do Concello (en horario de atención ao público, de 8:30 a 14:00 horas a partir de mañá) co fin de recollelos.

As persoas que teñan dúbidas sobre a dirección exacta asignada á súa vivenda poden consultala introducindo a referencia catastral da mesma no visor público do Concello, a través do enlace: https://tinyurl.com/mpkbnrhc.

Dende o goberno local incidiuse na importancia de dispoñer dun número visible e correcto nas vivendas, co fin de facilitar o labor dos servizos de emerxencia, no caso de que sexan precisos; mellorar a localización para a entrega de correo postal e paquetería e tamén contar na cidade cun rueiro máis ordenado.

Lea también

Condenan a Lidl a indemnizar con 50.000 euros a 76 trabajadores en Narón por vulnerar su derecho de huelga

La sentencia de un juzgado de Ferrol considera probado que la empresa incurrió en «esquirolaje …