A proxección da película “Ed Wood” abre no Pazo da Cultura de Narón o ciclo de cine “Historias extraordinarias”

O Concello de Narón e o Cineclube Serie B organizaron un novo ciclo de cine, “Historias extraordinarias” que dará comezo este xoves 1 de outubro ás 20:00 horas, no Pazo da Cultura.

O público poderá ver nesta primeira xornada a película “Ed Wood” gañadora de dous premios Óscar, protagonizada por Johnny Deep e Martin Landau e dirixida por Tim Burton.

A entrada ás proxeccións deste ciclo, que se prolongará durante catro semanas, é de balde.

O vindeiro 8 de outubro proxectarase “Searching for sugar man”, gañadora dun Óscar ao Mellor documental longo e que conta a historia do desaparecido músico Sixto Rodríguez e o 15 de outubro “Radio encubierta”, de Richard Curtis, unha película sobre a revolución de Radio Rock, unha radio pirata na Inglaterra dos anos 60.

A última proxección será o día 22, cando se poderá ver no Pazo “Desenterrando Sad Hill”, de Guillermo de Oliveira. É un documental sobre a reconstrucción dun camposanto ficticio de Sad Hill, construído en Burgos para rodar a secuencia máis mítica de “El bueno, el feo y el malo”.

Lea también

Equiocio Ferrol presenta el cartel de su 35 aniversario, obra de la ilustradora Carola Bouza

Equiocio Ferrol lanzaba este jueves en sus redes sociales la imagen con la que promocionará …