Narón denuncia danos en varias árbores e plantas ornamentais da avenida da Solaina

Varios loureiros e especies ornamentais de loropétalum e abelias resultaron danados tras esparcir sal sobre o terreo no que medraban, na avenida da Solaina. Dende o Consistorio naronés denúncianse este tipo de actos vandálicos, que atentan contra o mobiliario urbán e que son sancionables por ese mesmo motivo.

Así mesmo, laméntase “o incivismo da persoa ou persoas que se adican a realizar este tipo de actos” e solicítase a colaboración cidadá “para que non se repitan e tampouco queden impunes por ser, a maiores, un acto contra o medio ambiente”.

Lea también

A Biblioteca de Narón abre o martes 10 o prazo de inscrición na actividade infantil “Coñecendo a… Carlo Collodi»

A Biblioteca municipal de Narón abrirá mañá martes o prazo de inscrición na actividade infantil …