A Deputación da Coruña supervisa as obras da terceira fase da estrada Aneiros-A Cabana, en Ferrol

A deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, destaca a mellora da seguridade viaria e da accesibilidade nunha zona con alto tránsito peonil e rodado

A deputada de Vías e Obras da Deputación da Coruña, Mónica Rodríguez, acompañada por técnicos do seu departamento, supervisou o avance das obras da terceira e última fase da mellora integral da estrada DP 3612 de Aneiros a A Cabana, no termo municipal de Ferrol.

As obras, que avanzan a bo ritmo, contan cun investimento de 654.375 euros, aos que se suman 135.036 euros destinados ás expropiacións necesarias, completadas previamente, para permitir a ampliación do vial. En conxunto, as tres fases do proxecto supoñen un investimento total de 1,6 millóns de euros por parte da Deputación.

Esta terceira fase abrangue o treito comprendido entre os puntos quilométricos 1+180 —na intersección coa estrada a Valón— e o PQ 1+640, á altura do local social de A Cabana. A actuación inclúe a ampliación da calzada ata os 7 metros de ancho, beiravías de 0,5 metros e a construción de novas beirarrúas de dous metros de ancho, o que permitirá dotar de seguridade peonil a unha zona moi transitada e con vivendas pegadas á estrada.

Falamos dunha obra que mellora non só a seguridade da circulación, senón tamén da veciñanza nos seus desprazamentos a pé”, sinalou Mónica Rodríguez, que tamén quixo agradecer a colaboración dos residentes afectados polas expropiacións. “Sabemos que as obras poden causar algunhas molestias puntuais, pero trátase dunha actuación longamente demandada e absolutamente necesaria, que suporá unha notable mellora da seguridade”, subliñou a deputada.

A estrada DP 3612 vertebra unha zona densamente habitada e con moita circulación, polo que a intervención da Deputación responde a unha vella demanda da veciñanza e do Concello de Ferrol. Tal como destacou o presidente Valentín González Formoso nunha visita anterior, coa execución desta última fase cúmprese o compromiso de completar unha travesía segura e accesible de case 1,7 quilómetros entre Serantes e A Cabana.

O proxecto inclúe tamén a renovación integral dos servizos afectados, como as redes de abastecemento e saneamento, así como a instalación dunha nova iluminación pública baseada en tecnoloxía LED, máis eficiente e con menor consumo enerxético.

Lea también

Dos empresas presentan ofertas en Ferrol para rehabilitar seis viviendas en Recimil

En la jornada de ayer finalizó el plazo de presentación de ofertas para el proyecto …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *