Narón organiza un obradoiro de creación de contidos dixitais en galego no marco do proxecto Youtubeiras +

O Concello de Narón organiza un obradoiro de creación de contidos dixitais en galego para aquelas persoas, maiores de 16 anos, que queiran comezar a crear contido de calidade con impacto e estratexia nas redes sociais. Así o avanzou a edil de Política Lingüística, María Lorenzo, que informou que as encargadas de impartilo serán Nuria Espasandín, de Toxío e Laura Veiga, de Pingando.

Foto de archivo-Maria lorenzo

A iniciativa desenvolverase no centro cívico social do Alto, o xoves 9 de outubro de 18:00 a 19:40 horas e nel traballaranse contidos como a identidade dixital, análise de contidos e tendencias, estratexia e planificación, técnicas para mellorar a calidade dos contidos ou interacción e construción de comunidade e daranse a coñecer o proxecto Youtubeiras+ e o seu certame, impulsores desta xornada formativa.

Para poder participar é preciso enviar previamente unha solicitude ao correo electrónico a.pita@naron.gal na que consten os seguintes datos: nome e apelidos da persoa participante, enderezo electrónico e teléfono de contacto. Os/as menores de idade teñen que enviar, ademais, unha autorización asinada polo pai/nai ou titor/a legal para poder asistir.

O proxecto Youtubeiras +, no que participan os servizos de normalización lingüística de dez concellos, entre eles o de Narón, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña, ten como finalidade estimular a creación en galego nas redes sociais con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas creadoras na Rede. Pódese consultar toda a información sobre Youtubeiras +, o seu certame e os obradoiros de creación de contidos na web www.youtubeiras.gal.

Lea también

El Club de Baile Deportivo Narón realiza una exhibición en la Plaza de Eventos de Odeón este sábado

El Club de Baile Deportivo Narón junto a la Escuela de Baile Tedaga, realizarán este …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *