Apertura da inscrición para participar na I Ruta Cabalar Cidade de Narón

A primeira edición da Ruta Cabalar Cidade de Narón celebrarase o vindeiro 11 de outubro na cidade. A concelleira de Feiras, Mar Gómez, Diego Díaz e Daniel Martínez, presidente e vicepresidente, respectivamente, da Asociación de Cabaleiros de Narón, presentaron o evento, organizado pola citada entidade e no que colabora o Consistorio.

Para poder participar, tal e como avanzaron, é preciso inscribirse previamente, a través dos teléfonos: 677 193 177 (Diego), 686 660 498 (Aitor) e 635 981 957 (Dani), rematando o prazo para tramitalas o día 8 de outubro. Ás 9:00 horas terá lugar o acto de recepción das persoas participantes no recinto feiral do Trece, en Sedes, e a saída da ruta terá lugar ás 10:00 horas, momento no que os cabaleiros iniciarán un percorrido de preto de 25 quilómetros que pasará polas parroquias de Sedes, Pedroso e Doso, tal e como avanzaron dende a organización.

“Trátase dunha ruta a través da que queremos fomentar tamén o turismo nesta zona e o feito de que a xente valore o medio rural”, apuntaron dende a asociación, agradecendo a colaboración do Concello. As inscricións teñen un prezo de 15 euros para os socios (con ou sen ruta); de 30 euros para as persoas que non sexan socios (incluíndo ruta e xantar), de 15 euros para os menores de 10 anos e de 25 euros para as persoas que só vaian xantar ao mediodía a Sedes. O menú será a base de paella e faceiras, con sobremesa e café.

Ao longo da tarde, tal e como indicaron, haberá varios sorteos e para as nenas e nenos que acudan haberá tamén xogos infantís e animación, así como música en directo. A edil de Feiras animou a inscribirse “a todas aquelas persoas que desfruten coas rutas a cabalo, porque teñen unha oportunidade de realizala polo noso concello e tamén de participar nunha xornada de convivencia para persoas de todas as idades”.

Lea también

Convocado el XX Trofeo «Cidade de Narón» de Tiro con Arco

El Club ARCO Narón, de acuerdo con el Calendario Oficial de la Federación Galega y …