Ferrol acollerá o vinderio sábado a súa primeira Muiñada

Cites Ferrol pon en marcha esta singular iniciativa.

Ferrol acollerá o vindeiro sábado 27 pola mañá unha actividade moi novidosa, a súa primeira Muiñada, organizada por Cites Ferrol dentro do programa “Ferrol, cidade aberta ás expresións” que financia a Deputación da Coruña. A Muiñada fai referencia á reunión que facían os mozos no muíño mentres esperaban a quenda da moenda, nas que había cantos, bailes, brincos e leria.

Esta primeira edición contará coa participación de tres grupos, aos que poderán unirse algún máis, a ASOCIACIÓN DO LADO DO SOL de Abegondo, ASOCIACIÓN MUSICAL COITELO DE PAU e BIRLOQUE GAITEIROS de A Coruña, que iniciarán a xornada cun pasarrúas de ida e volta, con saída ás 11:30 horas desde a Praza de Armas, percorrendo a rúa Real e Dolores ata praza de Amboaxe. A continuación, dirixirán os seus pasos cara ao Cantón onde interpretarán diferentes cancións e bailes tradicionais galegos, con especial atención á muiñeira. Durante as actuacións invitarán a participar ao público asistente.

Será unha mañá para o desfrute colectivo, onde uniranse a música tradicional e a danza con fin de promocionar e divulgar a cultura tradicional galega. A mañá finalizará cun aperitivo, no mesmo Cantón, ofrecido aos grupos.

O obxectivo deste evento, que nace con vocación de continuidade, é o de encher as rúas de Ferrol de cantes e bailes e facer visible que o folclore galego, e en particular a muiñeira, sigue moi vivo.

Lea también

Presentadas seis empresas para realizar las obras de reforma en la calle Pérez Parallé

El proyecto de reforma de la accesibilidad en la calle Pérez Parallé en Canido, entre …